Praia do Touro A diferencia da maioría das praias de Ribeira, a do Touro é de area gorda y dourada, cun entorno rocoso e protexido, e cunha boa panorámica da ría. As súas augas son bastante tranquilas e boas para o baño.
Praia de Coroso Situada en Santa Uxía de Ribeira, esta tranquila praia conta cunha ampla extensión dende o porto náutico ata a punta de Coroso, cun fantástico paseo marítimo e vistas a Ribeira, a Illa da Rúa e o tramo final da Ría de Arousa.
Praia do Vilar De aspecto virxe, O Vilar é o principal areal do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e atópase rodeado por vexetación dunar, bosques e hortas. Ten forma rectilínea, con area branca, fina e protexida. O vento é a forte oleaxe favorecen as condicións para practicar deportes como o surf. Hai correntes e resaca forte cando a marea está baixa.
Praia da Corna Esta praia con forma de ensenada atópase no núcleo urbano de Palmeira e está rodeada por un amplo campo dunar protexido, considerado o mellor conservado da Ría de Arousa, con vexetación propia dos ecosistemas costeiros. Nela desemboca o río Esteirón, que actúa como fronteira cun municipio veciño da Pobra do Caramiñal.
Praia da Ladeira Situada na parte más atlántica de Ribeira, dentro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, a escasos 2.000 metros das dunas e as lagoas, as que se pode acceder desde a propia praia. Desde este lugar de fina area branca hai unha fantástica vista da gran duna móbil que se eleva pola parte de atrás.
Ademais Ribeira conta coas Praias de Castiñeiras, O Castro e A Catía (Aguiño), Ameixida e O Padro (Corrubedo).