Regulamento

Art. 1): Presentación

Art. 2): Modalidades

Art. 3) Inscricións

Art. 4) Execución da proba

Art. 5) Premios

Art. 6Protección de datos e dereitos de imaxe 

Art. 1) Presentación

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional leva organizando dende o 2015 unha carreira popular accesible de carácter inclusivo, a Carreira pola Diversidade. Dada a situación de alarma sanitaria na que se atopa o país, este ano non é posible levala a cabo de maneira competitiva e en convivencia. 

Sen embargo, dende a asociación consideramos que isto non debe ser impedimento para que o deporte siga a ser a poderosa ferramenta de inclusión e convivencia que por natureza é.  

Cremos que este é un bo momento para seguir dando visibilidade ó deporte inclusivo e á contribución do deporte no desenvolvemento cívico das comunicades. 

Este ano a “Carreira pola diversidade” pretende que as nosas zancadas sirvan para amosar a accesibilidade das nosas vilas. En lugar dunha proba competitiva, faremos unha práctica deportiva  na que o corredor poderá realizar un circuíto de 5 km  na súa propia cidade ou vila e valorar a súa accesibilidade.  

Contemplarase tamén unha modalidade de andaina, na que as persoas participantes poderán realizar rutas coa distancia que consideren oportunas 

Con isto non só estaremos correndo por unha sociedade máis inclusiva, senón que tamén contribuiremos á práctica deportiva das persoas con diversidade funcional na comunidade, facilitando información sobre distintas rutas en todos os concellos de Galicia.

A proba realizarase na mañá do día 19 de Xullo. Cada participante elixirá a súa propia ruta,  que compartirá nas redes sociais indicando o percorrido e o grao de accesibilidade percibida atendendo á: inclinación do terreo, presenza de chanzos, anchura da vía e estabilidade do chan. 

O reto consistirá en rexistrar circuítos accesibles para a práctica deportiva ao aire libre en todos os concellos de Galicia e outros fóra dela, polo que non se dará relevancia aos tempos de execución senón á accesibilidade e calidade dos mesmos.  

Haberá un trofeo conmemorativo para os equipos máis numerosos, equipo inclusivo máis numeroso, familia máis numerosa e o concello con máis rutas accesibles. Esta última opción outorgarase unha vez comprobada a accesibilidade das mesmas, dentro do vindeiro mes a partir da celebración da proba. 

Os equipos premiados anunciaranse na web da asociación Ambar.

Ademais todos as persoas participantes recibirán un detalle dixital conmemorativo, realizado polas persoas usuarias do obradoiro de artes plásticas dos servizos de atención diúrna de Ambar. 

Poderán inscribirse na proba todas aquelas persoas que sexan maiores de 16 anos. Tamén poderán participar nenos, sempre que vaian acompañados dun adulto. A súa inscrición será gratuíta e non requirirá o traslado á web da ruta realizada. 

Art. 2) Modalidades

Existen 4 modalidades da carreira e os participantes deberán optar a unha das seguintes opcións: 

  • Modalidade 5.000 m Zapatilla.  
  • Modalidade 5.000 m Hand Bike. 
  • Modalidade 5.000 m “Cadeira de atletismo”. 
  • Modalidade Andaina. (menos de 5.000 m) 

Non se terán en conta os tempos, o obxectivo é descubrir, compartir rutas e valorar a súa accesibilidade.  

Art. 3) Inscricións

Poderán inscribirse na proba todas aquelas persoas que o desexen. Tamén poderán participar nenos/as, sempre que vaian acompañados dun adulto. A súa inscrición será gratuíta e non requirirá o traslado á web da ruta realizada.

A inscrición realizarase de maneira online na páxina GaliTiming. Aquí terás a posibilidade de facer os seguintes tipos de inscrición:

  • Individual: para persoas que participen de maneira independente.
  • Club: se pertences a un club e participas en probas federadas de maneira oficial. Exemplo: clubs de atletismo, triatlón, etc.
  • Equipo: se se fai a carreira cun grupo de persoas poderás facer a inscrición como equipo sen ter que pertencer a ningún club deportivo. Exemplo: grupos de amigos/as, compañeiros/as de traballo…
  • Familia: permite participar con outros membros da túa familia: pais/nais, fillos/as…
  • Dorsal 0: Se non se participa na carreira nin na andaina, pódese escoller esta opción, para contribuír cunha doazón coa cantidade que se escolla.

Trala inscrición recibirase un correo electrónico cun dorsal, que poderá ser impreso para a realización da proba.

Para participar é necesario abonar unha cota de inscrición de 5 €. A recadación será destinada á adquisición de material para a prevención do contaxio por COVID-19, para as persoas con diversidade intelectual.

Non hai límite temporal para inscribirse, podes facelo incluso o propio día da carreira se así o desexas. A carreira rematará o 19 de xullo, ás 23:59 horas.

Art. 4) Execución da proba

As probas realizarase durante o 19 de xullo de 2020 no horario que escollan ás persoas participantes*.

A carreira ou andaina, poderán realizarse de maneira individual, en familia, a través de clubs ou por equipos, mantendo sempre as normas de seguridade impostas polas autoridades sanitarias relativas a distancias e medidas de prevención do contaxio.

As persoas que participen en equipo poderán realizar o mesmo percorrido ou distinto, en función da súa posibilidade de desprazamento a outras vilas. Non será necesario que realicen a proba á mesma hora.
Para levala a cabo correctamente será necesario descargar no móbil aplicacións do tipo “runtastic”, “endomondo”, “runkeeper”… que permitan rexistrar o circuíto realizado.

Cada participante poderá elixir a ruta que prefira, sendo esta de 5.000 m (agás os participantes de modalidade andaina, que farán o percorrido coa distancia que consideren oportuna).

Ao final da proba cada deportista poderá realizar unha foto individual ou co seu equipo, club ou familia que logo poderá subir ao seu Facebook, etiquetando á @asociacion.ambar. Unha vez finalizada a proba deberase cubrir o seguinte formulario.

Ademais de cubrir o formulario cos teus datos e axuntar unha fotografía da ruta realizada, terás que cubrir a “enquisa de accesibilidade” na que preguntamos por aqueles items necesarios para valorar a accesibilidade da ruta realizada e que versarán sobre a irregularidade ou inestabilidade do chan, presenza de chanzos, pendentes pronunciadas ou anchura inferior a 2 m. Esta enquisa deberá ser enviada antes das 23:59h do 19 de xullo.

* Se ben o día da proba é o 19 de xullo, que é cando queremos facer o esforzo de promover accesibilidade na nosa comarca, aquelas organizacións ou persoas que non lles sexa posible, poderán escoller outro día desa semana, tendo en conta que a comunicación principal sobre a actividade terá lugar o día 19 de xullo.

Art. 5) Premios:
Trofeos Commemorativos

Haberá trofeo conmemorativo para:

  • Club/equipo con maior número de participantes
  • Club/equipo inclusivo máis numeroso
  • A familia máis numerosa
  • Concello con máis rutas accesibles rexistradas
  • Organización co maior número de participantes

A maiores outorgarase unha mención especial para aquelas entidades/empresas con grandes grupos de participación.

O día 20 de xullo publicarase unha lista cos gañadores de cada trofeo na web de Ambar. Ademais todos as persoas participantes recibirán un detalle dixital conmemorativo, realizado polas persoas usuarias do obradoiro de artes plásticas dos servizos de atención diúrna de Ambar.

Art. 6) Política de privacidade

A Presente Política de Privacidade ten por obxecto informar ás persoas participantes da Carreira pola Diversidade Virtual da Política de Privacidade da Asociación Ambar e o uso e tratamento de imaxes. 

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional – CIF: G15052434 

Enderezo. postal: Rúa Castelao número 5, CP 15940, A Pobra do Caramiñal 

Teléfono: 981874480 

Correo electrónicoadministracion@asociacionambar.org 

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

En Ambar tratamos os seus datos persoais facilitados a través do formulario de inscrición  da páxina de inscricións “www.galitiming.es” coa finalidade organizar e xestionar a súa participación na “Carreira pola Diversidade” e a promoción de vindeiras edicións.   

Uso de fotografías e/ou vídeos

Ca finalidade de promocionar a actividade desenvolta pola nosa entidade, durante a realización do evento tomaranse fotografías e vídeos co fin de que  poidamos darlle difusión a “Carreira pola Diversidade” na páxina web oficial da entidade, con dominio www.asociaciónambar.org, e nos perfís de redes sociais creados pola entidade e/ou en publicacións que se poidan chegar a realizar en soporte papel e/ou en medios de comunicación sobre as actividades e programas organizados por Ambar. 

No caso de que queira opoñerse o tratamento das imaxes e vídeos pode comunicárnolo nos datos de contacto referenciados no apartado primeiro. 

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Conservaremos os seus datos persoais en tanto e canto sexan necesarios para xestionar a organización do evento deportivo e durante o prazo legal establecido pola normativa aplicable á materia a efectos de prescrición de responsabilidade, procedendo á súa supresión unha vez deixan de ter utilidade para a entidade. 

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en Ambar estamos a tratar datos persoais que lle atanguen, ou non.  

As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.  

Se considera que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectado, Vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos https://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphP.php 

(*)Para aclarar calquera dúbida que poida xurdir, podes enviar un whatsapp ao nº 607 386 231  ou un correo electrónico a deporte@asociacionambar.org