Programa Operativo Emprego Xuvenil

O FSE inviste no teu futuro

En novembro de 2019 Ambar ampliou o seu cadro de persoal grazas á financiación  obtida a través dunha subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil, a través do programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Ambar está nunha etapa de cambio e crecemento, polo que precisa reforzar a súa área de xestión administrativa dentro da OIGO:  Oficina para a Igualdade de Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional da comarca da Barbanza, coa contratación dun profesional técnico/a de xestión administrativa.

As responsabilidades da profesional que ó longo de 7 meses prestará os seus servizos na entidade son:

  • Atención ó público.
  • Control de compras e provedores.
  • Elaboración e cumplimentación de documentos oficiais.
  • Recepción, rexistro e arquivo da correspondencia recibida e enviada.
  • Elaborar e/ou manter actualizados os rexistros necesarios para o funcionamento dos servizos e programas.

Que buscamos con este programa?

Mellorar a calidade dos servizos prestados pola OIGO co fin de fomentar a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con diversidade funcional, prestando información, orientación e promoción da adquisición de habilidades e apoios ás persoas con diversidade funcional e as súas familias.