Loading cart contents...
Programa de emprego para mulleres
O programa de emprego para mulleres ten o obxectivo de mellorar a igualdade de oportunidades a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral.
Información
Requisitos
Dirixido a mulleres que cumpran algúns destes requisitos:
- Con diversidade funcional
- Con trastorno mental
- Sen titulación ou con baixa cualificación
- Desempregadas menores de 30 anos
- Desempregadas maiores de 45 anos
- Residentes en concellos rurais
- Inactivas ou desempregadas de longa duración
Datas e lugares
As entrevistas comezan a partir do 21 de marzo
As xornadas formativas comezan en abril e rematarán o 31 de xullo.
Lugares
- Viveiro de Empresas Ribeira. Aldea Fafián 29, Ribeira (Antigo matadeiro preto da Fieiteira)
- Viveiro de Empresas Porto do Son. Noal, 32 O Outeiro
- Casa da Cultura de Boiro. Avenida da Constitución 30 Boiro
- Coworking da Pobra. Rúa Condado 7, A Pobra do Caramiñal
Contacta con nós
Este programa é totalmente gratuíto. Se queres máis información:
- Chámanos ó 981 87 44 80
- Escríbenos a empregoinclusivo@asociacionambar.org
- ou cubre o seguinte formulario:
Erro: Formulario de contacto non atopado.
1 Comments
Join the discussion and tell us your opinion.
[…] • ou cubrindo un formulario na web de Ambar […]