Por que converterse nunha empresa inclusiva?
Ser unha empresa inclusiva é o recoñecemento de poñer en valía as capacidades das persoas, sexa cal sexa a súa condición, demostrar que a diversidade ofrece a oportunidade de coñecer novos talentos e que para crecer como empresa hai que tamén crecer como sociedade e recoñecer e valorar todas as realidades que nos rodean.
Únete ao movemento das
#EmpresasInclusivas
Unha das accións máis importantes das empresas inclusivas, é a maneira de seleccionar o seu persoal: incorpora a profesionais con talentos diversos sen importarlle a súa condición (idade, xénero, nacionalidade, relixión, características raciais, diversidade funcional, etc.), sen realizar ningún tipo de discriminación e exercendo de forma efectiva a igualdade de oportunidades.
As empresas inclusivas son innovadoras e creativas
Contar cun persoal diverso apórtalles diferentes puntos de vista creando un entorno máis innovador e flexible, con maior potencial de creatividade.
Son grandes coñecedoras do mercado
Comprenden e atenden as diferenzas dos seus clientes e traballadores, xa que asumen que nesa diferenciación esta o éxito como empresa.
Beneficios de ser unha empresa inclusiva:
- Beneficios económicos: un persoal diverso permite coñecer novos mercados e crear produtos e servizos capaces de adaptarse a unha maior variedade de necesidades. As empresas inclusivas obteñen beneficios económicos relacionados coa redución de gastos e o aumento da produtividade xa que desenvolven mellores prácticas de xestión empresarial e ofertan servizos e produtos máis modernos e novidosos.
- Beneficios sociais: Unha empresa comprometida é aquela que aposta pola inclusión porque comprende que na sociedade están os seus clientes, este prestixio da un valor engadido aos seus produtos e diferénciao de empresas competidoras. Unha empresa inclusiva mellora a súa imaxe de marca, potencia a súa Responsabilidade Social Corporativa, e gaña mellor reputación.
- Beneficios legais: As empresas inclusivas benefícianse de bonificacións e incentivos á contratación das persoas con diversidade funcional; con este tipo de contratacións opta a unha serie de subvencións autonómicas e estatais.
- Beneficios éticos: Ser considerada unha empresa colaboradora na defensa e cumprimento dos dereitos das persoas con diversidade funcional, non só pola obriga da Lei, senón como medida de compromiso social e misión da empresa.
- Beneficios de persoal: O valor das empresas reside nas persoas que as forman, unha empresa inclusiva crea un equipo comprometido e participe dunha filosofía.