Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria.

Código do procedemento: TR342A e TR342C

Onde aparecen publicadas estas medidas estatais?

DOG nº19 do 28 de xaneiro de 2022. Orde do 29 de decembro de 2021.

Ata cando teño de prazo para presentar a miña solicitude?

Dende o 29 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022.

Cal é a finalidade desta subvención?

Favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

O Plan Galicia Emprega de incentivos a contratación por conta allea, a formación e ao emprego con apoio a través de dous programas.

Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (TR342C)

Este programa ten a súa vez dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo.

Liña de incentivos por conta allea

Ten catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan sexa a mesma:

  • Incentivos a contratación indefinida inicial, subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, de longa duración, mulleres desempregadas e persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.
  • Incentivos á contratación temporal, subvención para contratación temporal de persoas desempregadas mozas, de longa duración, mulleres desempregadas e persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.
  • Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só nos casos das persoas mozas, mulleres e persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.
  • Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación nas contratacións dende o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

1. Contratacións indefinidas

Recibirán unha axuda de:

  • 6.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa menor de 30 anos.
  • 10.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa parada de longa duración.
  • 12.000 euros cando o contrato se realice cunha muller desempregada.
  • 16.000 euros cando se contrate unha persoa con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.

2. Contratacións temporais

Recibirán unha axuda de:

  • 3.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa menor de 30 anos.
  • 5.000 euros cando a persoa traballadora contratada sexa parada de longa duración.
  • 6.000 euros cando o contrato se realice cunha muller desempregada.
  • 8.000 euros cando se contrate unha persoa con diversidade funcional ou en risco de exclusión social.

As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25% nos seguintes casos:

  • Centro de traballo situado en Concello Rural.
  • Maior de 45 anos.
  • Persoa transxénero.
  • Migrante retornado.
  • Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios nos que a muller este subrepresentada.

3. Contratos indefinidos iniciais e temporais

Os contratos indefinidos iniciais e temporais formalizados con persoas xoves menores de 30 anos, persoas desempregadas de longa duración, e persoas con diversidade ou en risco de exclusión social incrementaranse nun 25% se a persoa incorporada é muller.

4. Transformacións de contratos temporais en indefinidos

As transformacións de contratos temporais en indefinidos que cumpran os requisitos desta orde recibiran unha axuda de:

  • 2.000 euros cando a persoa contratada sexa menor de 30 anos ou muller.
  • 3.000 euros cando a persoa contratada sexa unha persoa con diversidade ou en risco de exclusión social.

5. Incremento xornada dun contrato indefinido a tempo parcial a tempo completo

O incremento da xornada laboral dun contrato indefinido a tempo parcial a un contrato indefinido a tempo completo con persoas xoves menores de 30 anos, mulleres e persoas con diversidade ou en risco de exclusión social incentivaranse con 2.000 euros.

4. Contratación indefinida e temporal de persoas con diversidade funcional

As contías da subvención por contratación indefinida e temporal de persoas con diversidade aumentaranse en 1.000 euros para adaptación de postos de traballo ou para equipos de protección persoal e para eliminar barreiras ou obstáculos.

Mantemento do emprego

  1. Para as contratacións indefinidas iniciais, manter no seu persoal á persoa traballadora contratada durante un período mínimo de 18 meses contado dende a data da contratación.
  2. Para as contratacións temporais, manter no seu persoal á persoa traballadora contratada durante un período mínimo dun ano ou o correspondente á duración do contrato temporal contado dende a data de realización da contratación.
  3. Para as transformacións de contratos temporais en indefinidos, manter no seu persoal á persoa traballadora contratada durante un período de 18 meses contados dende a data de realización da transformación do contrato temporal en indefinido.
  4. No caso do incentivo polo incremento da xornada, a entidade beneficiaria deberá manter a nova xornada da persoa traballadora durante un período mínimo de 18 meses.
  5. As persoas ou entidades beneficiarias do incremento da subvención pola adaptación de postos de traballo deberán manter o destino dos bens subvencionados.

Liña de incentivos as accións formativas no centro de traballo

As empresas que así o soliciten poderán recibir un incentivo para formación, tanto modalidade presencial como en teleformación, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial e temporal desta axuda.

  • A duración da acción formativa ten que ser dun mínimo de 70 horas para contratos indefinidos e 50 horas para contratos temporais.
  • A acción formativa ten que ter lugar dentro dos 3 primeiros meses de inicio de contrato e ten que estar finalizada a 30 de novembro de 2022.
  • As accións formativas recibirán unha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta cun contrato indefinido inicial e de 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal cunha duración mínima inicial de 12 meses.

Programa II: Emprego con apoio (TR342A)

Contratacións de preparadores laborais que realizan actividades de orientación e acompañamento individualizado no propio posto de traballo ás persoas con traballadoras con diversidade funcional ou en situación de risco ou exclusión social.

As persoas destinatarias poden ser:

  • Persoas con parálise cerebral, transtorno mental ou persoas con diversidade intelectual cun grao de discapacidade igual ou superior a un 33%.
  • Persoas con diversidade física ou sensorial  cun grao de discapacidade igual ou superior a un 65%.
  • Persoas xordas e con diversidade auditiva cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Persoas en risco de exclusión social recoñecido polos servizos sociais da Xunta de Galicia.

Esta axuda esta destinado a financiar os costes derivados da contratación dos preparadoras/es laborais para o desenvolvemento das accións de emprego con apoio. A contía base por preparador/a laboral establecese en función de cada persoa traballadora apoiada ou de persoas con diversidade funcional e tipo de graos:

  • 8.500 euros anuais por cada persoa traballadora con parálise cerebral, trastorno mental ou con diversidade funcional intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.
  • 5.500 euros anuais por cada persoa traballadora con parálise cerebral, trastorno mental ou con diversidade funcional intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%.
  • 3.500 euros anuais por cada persoa traballadora con diversidade funcional física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%; persoas xordas e con diversidade funcional auditiva cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías base aumentaranse un 25% nos seguintes casos, acumulables entre si:

  • Muller.
  • Maior de 45 anos.
  • Migrante retornado.
  • Centro de traballo situado en Concello Rural.
  • Persoa transxénero.