Santiago de Compostela (1976)
Comeza a súa andaina alá polo ano 1995 cando entra na escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago, continúa os seus estudos e licenciase en Belas artes na universidade de Sevilla no ano 2002, dende o principio ten unha clara vocación como escultor, montando un pequeno taller en Santiago ó rematar os estudos, realiza obras en diferentes materiais e numerosas exposicións en diferentes espazos de España, Portugal e Francia.
Posúe obra pública en Santiago, A Coruña, Oroso ou o Grove, onde se sitúa o monumento ós voluntarios do Prestige, co que foi galardoado co ‘Centolo de Ouro’.
Dende o ano 2007 tamén e mestre de escultura na EASD Mestre Mateo, actividade que compaxina coa súa tarefa de escultor.
A súa última exposición “Mulleres de ferro” púidose visitar na Galería Píntega de Pontevedra ata o mes de Abril do presente ano 2022.