Oferta de emprego: Formador/a curso de formación de industria alimentaria

Benvido/a e grazas polo teu interese no posto de Formador/a curso de formación de industria alimentaria. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Descrición do posto: Formador/a curso de industria alimentaria


Área: Emprego e formación.

Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza (Frións – Ribeira)

Duración: 3 meses aproximadamente (duración do curso)
Inicio: Incorporación en novembro. 24 horas semanais.

Sobre o posto de traballo

A persoa que desenvolve este posto ten que ter coñecementos sobre os certificados de profesionalidade no que se refire a súa estrutura e contidos formativos.

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Misión e obxectivos do posto

A misión deste posto é a de ser o profesional responsable da formación do curso: Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria.

Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos:

  1. Impartir a formación na especialidade profesional.
  2. Preparar sesións e material especifico para o desenvolvemento da formación.  

Responsabilidades

  1. Adaptar contidos en función das necesidades do alumnado.
  2. Apoiar á persoa con diversidade, sempre e cando sexa necesario ao longo do proceso de formación.
  3. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Titulación ou formación especifica como formador.
  2. Experiencia na docencia de Certificados de Profesionalidade, en especial de industrias similares á solicitada
  3. Valorase positivamente experiencia en traballar con persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión.

Habilidades e outros

  1. Excelentes habilidades de comunicación, con capacidade para levar sesións con dinamismo e fomentando a participación activa do alumnado.
  2. Autonomía na elaboración do plan de docencia e seguimento co alumnado.
  3. Capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
  4. Excelente uso do galego, tanto no oral como na escrita.
  5. Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.

Como presentarse a esta oferta

Se estás interesado/a en postular á esta oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario web da https://asociacionambar.org/traballa-con-nos:

Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante”, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura.

O prazo para enviar a túa candidatura é ata o 25 de outubro de 2021.

Sobre Ambar

A Asociación Ambar  das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Para acadar isto, traballamos:

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
  • impulsamos o empoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
  • formamos e promovemos o emprego digno.

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!

1 Comments

Join the discussion and tell us your opinion.

Emprego Ambar: Ofertas de emprego do 21 de outubro do 2021 – Asociación Ambar
21/10/2021 at 08:35

[…] Máis info […]