Oferta de emprego: Xestor/a proxectos
Sobre o posto de traballo
Ambar está a buscar Técnico/a de proxectos para liderar solucións creativas a necesidades dos nosos públicos obxectivos, con moita iniciativa e ganas de afrontar novos retos, sen medo a cuestionar as estruturas actuais no ámbito da diversidade funcional para poder aliñarnos coas directrices internacionais que marcan a transición dos servizos institucionais ós servizos baseados na comunidade.
Esta oferta está vinculada ó programa de Cooperación da Xunta de Galicia*, a persoa candidata deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo.
- Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (xestor cultural, axentes desenvolvemento local, integración social, educación social, etc.)
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024.
*ORDE do 4 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e as subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR352A).
Propósito do posto
O propósito deste posto é o de buscar novas oportunidades de proxectos e de servizos que acerquen a Ambar ó seu propósito de Impulsar vidas independentes en comunidade, seguindo a metodoloxías innovadoras
| Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Ribeira. |
| Duración: 12 meses, 75% da xornada. |
| Salario: Tecnico Superior Nivel 1. XVI Convenio de centros de atención a persoas con discapacidade. |
| Inicio: Incorporación inmediata |
Responsabilidades
- Elaborar proxectos, baseados nas necesidades detectadas, para presentar a diferentes financiadores e acercarnos cada vez máis ó noso propósito. Cumprimentar en colaboración co perfil técnico responsable a memoria técnica dos proxectos. Crear a documentación necesaria para a súa presentación: certificados, autorizacións, etc.
- Elaboración da documentación necesaria para a xustificacións e informes dos proxectos presentados. Facer seguimento dos requisitos de xustificación cos diferentes equipos: difusión, actividades levadas a cabo, etc.
- Implementar algún dos proxectos elaborados, compaxinándoo coas anteriores funcións.
- Promover a innovación en proxectos da organización, manténdose informado do que sucede noutros sectores e podendo atraer.
- Facer unha lista de necesidades actuais e investigar e idear a través da metodoloxía de Design Thinking cales poden converterse en posibles proxectos e/ou servizos.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación.
Requisitos da persoa solicitante
- Formación en proxectos e elaboración de memorias técnicas valorable
- Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo.
- Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (xestor cultural, axentes desenvolvemento local, integración social, educación social, etc.)
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024.
Valorarase positivamente:
- Boa planificación.
- Persoa creativa, capacidade de identificar necesidades e resolver problemas.
- Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Nivel alto de inglés valorarase positivamente.
- Manexo profesional do paquete Microsoft 365.
Como presentarse a esta oferta
Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentes ó posto de “´Técnico/a de proxectos”.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 87 44 80 ou 647 60 96 40 (WhatsApp).
Sobre Nós
Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.
Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio.
Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas.
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!
