Oferta de emprego: Terapeuta Ocupacional

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Terapeuta Ocupacional. 

Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.  

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese. 

Como presentarse a esta oferta 

Envíanos o teu CV e carta de motivación antes posible a través do seguinte formulario online especificando o posto de “Terapeuta Ocupacional” ó que te presentas. 

Sobre o posto  

A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional. 

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.   

Descrición do posto: Terapeuta Ocupacional 

Área Atención Diúrna, Vivenda e Comunidade 
Lugar de traballo Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira; Desprazamentos en comunidade. 
Xornada e duración Xornada negociable en función da experiencia e dispoñibilidade(entre 30 a 38,5h semanais) 
Inicio Inmediata 
Sarlario XVI Convenio de centros de atención á diversidade; Grupo Titulados 

Propósito do posto 

Identificar oportunidades para adaptar e transformar a contorna das persoas con diversidade, co obxectivo de que adquiran habilidades na comunidade nos termos definidos no propósito de Ambar. 

Responsabilidades 

Responsable de servizos específicos e de proxectos vinculados ó contexto natural da persoa que aseguren que a metodoloxía e actuación coas persoas usuarias vai en liña co propósito da Ambar. 

Supervisar o desenvolvemento das programacións anuais de obradoiros e participar ás reunións de área, fomentando a mellora contínua. 

Introducir propostas de traballo no contexto natural que aseguren que a metodoloxía e actuación coas persoas usuarias vai en liña co propósito da Ambar para a vida en comunidade. 

Responsable da elaboración, desenvolvemento e avaliación dos Plans Individuais de Atención, promovendo accións de mellora. 

Planificar a asignación de recursos a cada persoa usuaria no día a día, e facer propostas de mellora a través da creación de novos obradoiros, áreas ou incluso servizos. 

Valorar e dar asesoramento en produtos de apoio necesarios para adaptar e facilitar a participación das persoas usuarias nas súas tarefas diarias. 

Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización. 

Requisitos da persoa solicitante do posto 

Formación e experiencia 

  1. Formación en terapia ocupacional e experiencia no traballo con persoas con diversidade funcional. 
  1. Formación específica e experiencia de traballo con persoas con TEA, valorarase positivamente.   
  1. Experiencia en formar a outras persoas. 
  1. Coñecemento de escalas e métodos de avaliación aplicadas na diversidade e baseados na prestación de apoios. 
  1. Manexo de medios e programas dixitais para a formación 
  1. Carné de conducir 
  1. Estar colexiado/a. 
  1. Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 
  1. Valorarase positivamente coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 

Habilidades  

  1. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal. 
  1. Boas habilidades de traballo en equipo e comunicación asertiva. 
  1. Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  1. Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria 
  1. Boas habilidades de comunicación escrita, e sobre todo verbal. 
  1. Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación. 
  1. Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados. 

Sobre Nós 

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con 
diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de 
condicións que o resto da cidadanía. 

 
Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da 
autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos 
coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para 
poder vivir en comunidade independentemente con apoio. 
 

Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas. 

Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de 
oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides 
en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App) 

Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti. 

Ir o contido