Oferta de emprego: Técnico/a investigador/a

Esta páxina inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio.

Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas.

Sobre o posto

Ambar está participando nun proxecto que busca definir un modelo para a medición da calidade de vida e lonxevidade saudable baseado nas metodoloxías identificadas por Schalock e Verdugo de Calidade de Vida e Escala de Intensidade de Apoios, así como outra literatura vinculada a medir a autonomía da persoa ó longo da vida e que fomente unha vida saudable e participada na comunidade.

A persoa que desenvolverá este posto terá a posibilidade de axudar a construír unha metodoloxía de traballo innovadora que pode dar lugar a un método de valoración para a atención a persoas maiores e con diversidade. Ademais, estará vinculada a un equipo de profesionais con moita experiencia práctica na implementación destas metodoloxías, un lugar onde poder validar hipóteses e testear as investigacións.   

Se es unha persoa con ilusión por cambiar a sociedade na que vivimos e xerar unha comunidade máis implicada, este traballo é para ti. 

Descrición do posto

Lugar de traballo Teletraballo e Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira.
Duración e xornada 50% da xornada inicialmente, 2 anos. Compatible con outros proxectos de investigación.
Inicio Incorporación inmediata
SalarioRegulado polo XV Convenio Colectivo de Centros de Atención a persoas con diversidade e posteriores modificacións.

Misión e responsabilidades

A misión deste posto é a de investigar e crear un modelo de medición de calidade de vida e lonxevidade saudable baseado en metodoloxías que teñen de base a promoción da autonomía para a vida independente.

Para acadar esta finalidade, a persoa profesional levará a cabo as seguintes responsabilidades:

  1. Identificar metodoloxías vinculadas á promoción da vida independente das persoas maiores e con diversidade, e validar cales poden ser óptimas para a creación dun modelo de medición de lonxevidade saudable.  
  2. Crear indicadores de medición en base ás metodoloxías identificadas.
  3. Traballar conxuntamente co equipo técnico para buscar unha metodoloxía adecuada á promoción da vida en comunidade en liña co noso propósito.
  4. Crear artigos e informes sobre a metodoloxía a empregar.
  5. Elaborar outra documentación, informes e xustificacións do proxecto.
  6. Buscar colaboracións no sector que poidan axudar a enriquecer a proposta de medición.
  7. Liderar o testeo de medición unha vez proposto o modelo.
  8. Outras responsabilidades vinculadas á misión do posto.
  • Estar realizando o doutoramento ou ter presentada a tese, idealmente nun campo afín das Ciencias Sociais.
  • Coñecemento de metodoloxía e técnicas para a investigación.
  • Moi bo nivel de escrita, principalmente en galego.
  • Experiencia no sector dos coidados, tanto persoas maiores como con diversidade será valorable.

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos o teu currículo e unha breve explicación sobre como cumpres os requisitos do posto ó correo talento@asociacionambar.org ou cubre o seguinte formulario o antes posible.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

    Ir o contido