Oferta de emprego: Técnico/a Inclusión Social (x2)
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Técnico/a de Inclusión Social.
Nesta páxina incluímos información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.
Este posto está vinculado ás axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Xunta de Galicia.
Descrición do posto
Área: Atención ás persoas con diversidade funcional | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira | |
Horario: Flexible con algunha actividade de fin de semana para promover a inclusión social. | |
Duración: 1 ano, 75% da xornada | |
Inicio: 04/12/2023 |
Misión e obxectivos xerais do posto
A misión deste posto é deseñar e implementar proxectos e actividades na comunidade ca fin de promover a autonomía das persoas con diversidade funcional.
Responsabilidades
- Deseñar proxectos e/ou actividades para a promoción da autonomía das persoas con diversidade.
- Planificar e implementar actividades directamente na comunidade, asegurando así a plena participación das persoas con diversidade.
- Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Atención.
- Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas.
- Xustificar os proxectos vinculados ás actividades levadas a cabo.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación pola cal se rixa a organización.
Requisitos da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
Formación en Educación Social e/ou Traballo Social. Outra formación en atención á diversidade, valorarase positivamente.
Contratación a través das axudas dos Programas de Cooperación, requisitos:
- Estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 2824.
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Emprego e Igualdade dos anos 2019, 2021 e 2022..
Valorarase positivamente:
- Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española.
- Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral, así como outros idiomas.
- Carné de conducir tipo B1.
- Formación en monitor/a de tempo libre ou similar
Como presentarse a esta oferta
Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: talento@asociacionambar.org
Sobre Nós
Ambar é a asociación pioneira da Barbanza que traballa polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos dende fai máis de 40 anos polo propósito de impulsar vidas independente en comunidade.
Para acadar isto, Ambar presta apoio ás persoas con diversidade en diversas fases da súa vida, asegurando que participan do servizos e recursos da sociedade, co apoio necesario, para que vivan a vida que queren vivir.
Algunha das áreas e servizos que abarca Ambar son:
- Facilitación de apoios ás persoas que asisten ós Servizos de Atención Diúrna, para que participen en actividades na comunidade e nos servizos de toda a cidadanía.
- Proxectos orientados á inclusión da persoa nos mesmos ámbitos e espazos que o resto da cidadanía: iWork, EduDiversa, Mar Diverso,…
- Orientación e inserción sociolaboral a través do servizo colaborador co SEPG.
- Fomento da Accesibilidade Universal a través de asesoramento á sociedade civil e administracións públicas.
Ambar está a vivir unha etapa moi ilusionante trala creación do Plan estratéxico 2021-2023, que marca as próximas prioridades da organización moi en liña coa Convención de Dereitos das persoas con diversidade da ONU e a Estratexia Europea, que promoven obxectivos de desistitucionalización a prol da transición a ofrecer servicios na comunidade. Neste sentido estamos redefinindo os nosos servizos para reorientalos aínda máis á comunidade e asegurarnos que as persoas con diversidade participan en igualdade de condicións co resto de persoas cidadás.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!