Oferta de emprego: Técnico/a Inclusión Social
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Técnico/a de Inclusión Social.
Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Sobre nós
A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto, traballamos:
- prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
- formamos e promovemos o emprego digno na comarca.
Sobre o posto de traballo
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día que se acadan no desenvolvemento persoal e profesional.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Descrición do posto: Técnico/a de inclusión social
Área: Atención a persoas con diversidade funcional | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira | |
Horario: Flexible, preferentemente de martes a venres e algunha actividade de fin de semana para promover a inclusión social. | |
Duración: 1 ano, 75% da xornada | |
Inicio: 10 de decembro de 2022 |
Misión e obxectivos xerais do posto
A misión deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna.
Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos:
- Velar pola promoción da autonomía das persoas con diversidade en todas as actividades propostas.
- Planificar e implementar o programa de ocio con apoio na comunidade.
- Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Atención.
- Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas.
Responsabilidades
- Deseño e implementación de actividades para a promoción de autonomía baseadas no Plan Individual de Atención da persoa usuaria.
- Apoiar á persoa con diversidade, segundo as pautas de apoio especificadas, nas diferentes actividades da vida diaria.
- Colaborar na realización de actividades de lecer, de deporte, ou apoio en tarefas como transporte, tarefas en comedor ou vestiarios.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación pola cal se rixa a organización.
Requisitos da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
Formación en atención á diversidade. Valorarase formación específica no ámbito da diversidade: integración social, educación social, traballo social, etc.
Contratación a través das axudas dos Programas de Cooperación, requisitos:
- Estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 2824.
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018, do 9 de maio do 2019, do 31 de xullo de 2020 e do 3 de agosto de 2021.
Valorarase positivamente:
- Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española.
- Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral.
- Certificado de Manipulador de Alimentos.
- Carné de conducir tipo B1.
- Formación en monitor/a de tempo libre ou similar
Como presentarse a esta oferta
Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: correo@asociacionambar.org ata o 28 de novembro de 2022.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!