PECHADA. Oferta de emprego: Técnico/a en programación e informática

Sobre o posto de traballo 

Ambar está a buscar Técnico/a de programación e informática para levar a cabo unha transformación dixital en liña co novo plan estratéxico, mellorando a eficiencia dos procesos a través da automatización e ferramentas de IA, para poder centrarnos máis no noso propósito de “Impulsar vidas independentes en comunidade” e favorecer a inclusión das persoas con diversidade na comunidade. 

  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3820 (programadores informáticos). 
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024. 

Propósito do posto   

O propósito deste posto é o de buscar novas oportunidades de proxectos e de servizos que acerquen a Ambar ó seu propósito de Impulsar vidas independentes en comunidade, seguindo a metodoloxías innovadoras   

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Ribeira. 
Duración: 12 meses, 75% da xornada. 
Salario: Técnico Superior Nivel 1. XVI Convenio de centros de atención a persoas con discapacidade. 
Inicio: Incorporación inmediata 

Responsabilidades 

  • Dixitalizar e facer unha revisión do sistema de traballo mellorando a eficiencia dos procesos a través da automatización de datos e a utilización de ferramentas de IA. 
  • Facer propostas de softwares, incluso de nova creación, para mellorar os procesos estratéxicos da asociación. 
  • Buscar un sistema dixital para a medición de resultados e do impacto das accións e proxectos que se levan a cabo. 
  • Colaboración en proxectos de innovación social e dixitalización inclusiva. 
  • Xestión e mantemento da infraestrutura tecnolóxica (equipos, redes, software). 
  • Outras responsabilidades que pola súa natureza estean vinculadas ó posto así como ós servizos de atención a persoas con diversidade funcional 

Requisitos da persoa solicitante  

  • Formación en programación e informática. 
  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (xestor cultural, axentes desenvolvemento local, integración social, educación social, etc.)  
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024. 

Valorarase positivamente: 

  • Persoa resolutiva e con iniciativa. 
  • Persoa creativa, capacidade de identificar necesidades e resolver problemas. 
  • Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Nivel alto de inglés valorarase positivamente. 

Como presentarse a esta oferta 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentes ó posto de “Técnico/a de programación e informática”. 

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades 

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 87 44 80  ou 647 60 96 40 (WhatsApp).  

Sobre Nós  

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.    

Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio.   

Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas. 

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

Ir o contido