Oferta emprego: técnica ou técnico de emprego e inserción laboral. Na Asociación Ambar, Ribeira. Envíanos o teu CV a empregoinclusivo@asociacionambar.org

Oferta de emprego: Técnico/a de emprego e inserción laboral

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Técnico/a de emprego e inserción laboral . Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese, e saber pronto de ti!

Descrición do posto: Técnico/a de emprego e inserción laboral


Área: Formación e emprego 

Lugar de traballo: Este posto ten horas de oficina e horas de prospección na comarca. Nas horas de oficina, o lugar de traballo será no Centro de Recursos da Barbanza de Ambar, en Frións – Ribeira. Teletraballo dispoñible.  

Duración: 2 postos: 6 meses e 1 ano; xornada completa 
Inicio: Incorporación inmediata

Sobre o posto de traballo

Ambar está a vivir unha etapa moi ilusionante trala creación do Plan estratéxico 2021-2023, que marca as próximas prioridades da organización moi en liña coa Convención de Dereitos das persaos con diversidade da ONU e a Estratexia Europea, que promoven obxectivos de desistitucionalización en prol da participación na comunidade así como a promoción da vida independente como chave da mellora da calidade de vida das persoas con diversidade. 

Dentro deste marco, Ambar está a buscar unha persoa profesional no ámbito da inserción laboral das persoas con diversidade funcional con moita autonomía e habituada a afrontar novos retos e sen medo a cuestionar os modelos actuais de inserción laboral  para poder aliñarnos coas directrices internacionais que marcan a transición dos servizos institucionais ós servizos baseados na comunidade. 

Misión do posto

A misión deste posto é a de coordinar programas de formación e emprego para persoas con diversidade focalizados na inserción na empresa ordinaria, ademais de promover o vínculo entre as empresas da Barbanza e a entidade. 

Responsabilidades

  1. Coordinar programas de formación e inserción laboral adecuados ás demandas da comarca, asistindo ó profesorado e ás persoas participantes, buscando recursos, etc. 
  1. Levar a cabo o seguimento da formación, busca de prácticas, etc. 
  1. Xustificar da formación como require a entidade financiadora. 
  1. Facer prospección de empresas, tanto para prácticas como para posibles futuras ofertas laborais. 
  1. Elaborar proxectos de emprego para a posterior presentación a financiación pública e privada, e a súa posterior xustificación. 
  1. Mostrar interese nas actividades deste e doutros sectores, tendo a capacidade de traer e implementar elementos innovadores nos proxectos e actividades da organización.  
  1. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación pola cal se rexa a organización.  
  1. Colaborar noutras responsabilidades que se lle sexan encomendadas en relación cos valores de Ambar de axuda entre iguais, como poden ser apoio a persoas con diversidade nos diferentes servizos. 

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Experiencia en liderar de maneira autónoma e proactiva proxectos, e levar a cabo xustificacións a diferentes financiadores.
  1. Estudos superiores acorde coa experiencia solicitada, especialmente na área de emprego (técnico laboral, formador laboral, preparador laboral, axente de emprego, ou similares).  
  1. Experiencia en liderar de maneira autónoma proxectos, e levar a cabo xustificacións a diferentes financiadores. 
  1. Experiencia na inserción laboral, idealmente en colectivos en risco de exclusión. 
  1. Experiencia en falar en público, e promover os intereses dunha organización diante de públicos externos.  

Habilidades e outros

  1. Capacidade para levar a cabo proxectos da área de emprego de maneira autónoma. 
  1. Capacidade para crear conexións fortes con empresas, promovendo a inserción laboral de persoas con diversidade.  
  1. Capacidade de mellora continua, autocrítica para poder mellorar proxectos e resultados.  
  1. Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Outros idiomas valoraranse positivamente. 
  1. Manexo profesional do paquete MS Office. 

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo a seguinte dirección de correo electrónico empregoinclusivo@asociacionambar.orgA data límite é o 26 de novembro ás 14h.  

As entrevistas por competencias realizaranse aproximadamente nos días seguinte ó peche da convocatoria. É importante que a persoa candidata prepare ben a entrevista por competencias, contestando ás preguntas facendo sempre referencia a situacións laborais previas e exemplos de situacións laborais que demostren a súa experiencia e habilidades profesionais.  

Sobre Ambar

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.  

Para acadar isto, traballamos: 

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio, 
  • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade, 
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna, 
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio, 
  • formamos e promovemos o emprego digno na comarca. 

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!