Oferta de emprego: Técnica/o en Accesibilidade Universal

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Técnica/o en Accesibilidade Universal. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.

Sobre o posto de traballo

O própósito de Ambar de “Impulsar vidas indepedentes en comunidade” só se poderá acardar se os recursos da comunidade son accesibles tanto arquitectónica como cognitivamente para todas as persoas.


Dentro da Estratexias Participativas de Desenvolvemento Local, a Accesibilidade Universal é un eixe transversal para acadar comunidades máis participativas. Ambar vai liderar un proxecto de Accesibilidade Universal na Ría de Arousa para fomentar que todas as empresas e persoas teñan en consideración a accesibilidade como unha necesidade.


Este é un posto como moita autonomía e exposición pública e que se verá involucrado en
colaborar con organizacións do sector marítimo pesqueiro fomentando a accesibilidade, así como buscar colaboracións na comarca Barbanza Arousa. Buscamos un perfil afeito a tomar decisións en aspectos chave, e a levar a cabo proxectos de maneira proactiva.

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, o teu CV especificando se tes algunha experiencia e/ou formación liderando proxectos ou na área de Accesibilidade Universal, o antes posible a
talento@asociacionambar.org


As entrevistas por competencias realizaranse na semana do 2 de setembro.
Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App).

Descrición do posto


Lugar de traballo: As instalacións están situadas en Ribeira, pero a persoa terá que realizar viaxes frecuentes nas Zonas Barbanza Arousa para valorar a accesibilidade.

Duración e xornada: Contrato inicial de 12 meses vinculado ó proxecto, xornada de 38,5h
semanais flexible; con probabilidade de continuación.

Condicións: Reguladas polo XV Convenio colectivo de centros de atención a persoas
con diversidade.

Misión

A misión deste posto liderar o Proxecto Ría de Arousa Accesible que se implementará durante os
anos 2024/25 nos concellos da Ría de Arousa, creando un ecosistema que promova a
accesibilidade no sector marítimo pesqueiro.

Responsabilidades

  1. Liderar o proxecto Ría de Arousa Accesible, identificando necesidades de accesibilidade e
    fomentando a accesibilidade nos concellos da Ría de Arousa.
  2. Planificar as accións do proxecto de principio a fin, tendo en conta os tempos fixados.
  3. Buscar oportunidades na comarca vinculadas á Accesibilidade Universal, facendo un
    mapeo de recursos e necesidades.
  4. Ser embaixador/a do proxecto con diferentes stakeholders e persoas colaboradoras.
  5. Preparar eventos de difusión así como crear comunicacións para o fomento da
    accesibilidade na Ría de Arousa.
  6. Elaboración de xustificacións e informes do proxecto.
  7. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores,
    normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Formación e/ou experiencia en Accesibilidade Universal (especificar no CV e/ou no email
    se se conta con esta experiencia ou non)
  2. Experiencia en liderar de maneira autónoma e proactiva proxectos, e levar a cabo
    xustificacións a diferentes financiadores.
  3. Experiencia de coordinar equipos de traballo, asignando responsabilidades, e cumprindo
    prazos.
  4. Experiencia en levar a cabo proxectos en tempo e forma, con capacidade de planificar o
  5. traballo propio e o do equipo de traballo do proxecto.

Habilidades persoais e outros

  1. Excelente planificación de proxectos e recursos, e capacidade de anticiparse ás
    necesidades.
  2. Habilidade de ir máis alá do establecido e do coñecido.
  3. Capacidade para crear conexións fortes con colaboradores e equipos de traballo.
  4. Capacidade de mellora, autocrítica para poder mellorar proxectos e resultados.
  5. Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Nivel alto de inglés
    valorarase positivamente.
  6. Manexo profesional do paquete MS Office.

Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti!