PECHADA❌| Oferta de emprego: Xestor/a proxectos

Sobre o posto de traballo

Ambar está a buscar un/ha profesional para unirse ás áreas de proxectos e recadación de fondos, para traballar na creación de iniciativas que fomenten que as persoas con diversidade funcional teñan máis oportunidades na súa contorna en liña cas directrices nacionais e internacionais de desinstitucionalización, fomentando así que se leven a cabo proxectos para a transición dos nosos servizos actuais á comunidade.  

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.    

Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio.   

Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas.

Misión

A misión deste posto é crear proxectos,   buscar recursos económicos e para a transición dos servizos actuais á comunidade.

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Ribeira. Posibilidade de teletraballo. 
Duración: 10 meses, con posibilidade de prórroga.
Xornada: 25h semanais, con posibilidade de ampliación.
Inicio: Incorporación setembro.
  • Identificar novas oportunidades e necesidades de proxectos para a desinstitucionalización das persoas con diversidade, e valorar as necesidades económicas para a súa posta en marcha. 
  • Preparar memorias técnicas, e presupostos  para presentar a diferentes financiadores.  
  • Implementar propostas de fundraising, tanto para organizacións privadas como para persoas individuais. 
  • Elaborar documentación e informes para a xustificación.  
  • Implementar os proxectos vinculados á desinstitucionalización. 
  • Promover a innovación en proxectos da organización, manténdose informado/a do que sucede noutros sectores. 
  • Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación. 

Formación e experiencia 

  • Formación en proxectos e elaboración de memorias técnicas.  
  • Desexable grao vinculado á creación de proxectos e xestion económica. 

Valorarase positivamente: 

  • Boa planificación. 
  • Persoa creativa, capacidade de identificar necesidades e resolver problemas. 
  • Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Nivel alto de inglés valorarase positivamente. 
  • Manexo profesional do paquete MS Office. 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentes ó posto de “Xestor/a de proxectos”. . 

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp). 

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

Ir o contido