Oferta de emprego: profesional xestión administrativa

Introducción

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Profesional de xestión administrativa e de persoal

Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta. Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese. 

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional vivan vidas independentes en comunidade. Ambar traballa desde unha perspectiva comprometida coa transición á comunidade das persoas con diversidade.

O propósito de Ambar é o de impulsar vidas independentes na comunidade. Para iso, conectamos ás persoas con diversidade cos recursos da comunidade prestando apoios para que elixan a vida que quere vivir, e por iso marcámonos como principal liña estratéxica que a asociación sirva como ferramenta para aportar ás persoas con diversidade funcional, os apoios persoais e especializados necesarios, para lograr que vivan a vida que queiran vivir.

Sobre o posto de traballo

Ambar é unha entidade enfocada nas persoas e no fomento da súa autonomía, para iso hai determinados procesos administrativos e de persoal que necesitan ser máis áxiles e eficientes para poder centrar os nosos esforzos no noso propósito de Impulsar vidas independentes en comunidade.

A  persoa que desenvolva este posto terá a vantaxe traballar nunha entidade comprometida por mellorar a vida das persoas con diversidade e as súas familias, xunto cun equipo de traballo multidisciplinar con moito talento.

Se es unha persoa con ilusión por ser parte dun proxecto para construír conxuntamente unha sociedade mellor, este traballo é para ti.  

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico talento@asociacionambar.org o antes posible, xa que queremos incorporar este postos ó equipo de forma inmediata. As entrevistas realizaranse nas vindeiras semanas.

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App).

Descrición do posto: Profesional de xestión administrativa.

ÁreaÁrea de administración
Lugar de traballoCentro de Recursos da Barbanza (Frións – Ribeira)  
DuraciónContrato temporal (7 meses) con posibilidade de continuidade. Xornada completa.

A misión deste posto é a de xestionar os procesos administrativos e de persoal da organización, asegurando un funcionamento óptimo e eficiente dos servicios e a atención a persoas beneficiarias.

Para acadar esta finalidade levaranse a cabo os seguintes obxectivos:

  1. Buscar a mellora nos procesos de xestión da organización e administrativos.

2. Asegurar que as operacións internas de xestión administrativa se realicen de maneira eficiente e efectiva.

3. Velar polo equipo e a eficacia da xestión dos servizos prestados ás persoas con diversidade funcional.

4. Levar a cabo as xestións administrativas nos ámbitos laborais, contable, comercial e financeiro.

5. Apoiar nos procesos de xestión de talento, formación, e seguridade e saúde.

4. Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas e os parámetros axeitados establecidos na entidade.

5. Control de provedores e subministracións de calquera tipo.

6. Realizar os procesos de facturación de servizos realizados así como xestión dos cobros e pagamentos por caixa.

7. Atención ó cliente e seguimentos ou rexistros oportunos.

8. Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 

9. Levar a cabo outras tarefas encomendadas así como os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización. 

10. Colaborar coa responsable de calidade e medio ambiente, e a coordinación xeral para a medición de indicadores de xestión e impacto social.

Formación e experiencia

Formación e/ou experiencia relacionada cos ámbitos da xestión administrativa, de talento (RRHH), e económica

Valórase experiencia no terceiro sector e en xestión de subvencións. 

Dominio avanzado de Microsoft 365

Valórase coñecementos de plataformas de facturación electrónica e xestión remesas bancarias.

Excelente coñecemento de lingua galega, falada e escrita.

Habilidades persoais e outros

Excelentes habilidades de organización e planificación.

Excelentes habilidades comunicativas e de traballo en equipo.

Capacidade de resposta e resolución de problemas en contornas áxiles.

Capacidade análise e mellora.

Capacidade de autonomía e rendición de contas.

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha  carta de motivación  e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentas ó posto de “Profesional xestión administrativa”. 

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp). 

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!