Oferta de emprego: Profesional facilitador/a de Inclusión Social

Sobre o posto de traballo

Ambar está a buscar un/ha Profesional facilitador/a de Inclusión social para a promoción de accións de inclusión social en contextos naturais, facilitando a experiencia e crecemento da persoa con diversidade en todos os contextos da vida. 

  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713.  
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Emprego e Igualdade do 3 de agosto de 2021, do 12 de xullo de 2022, do 31 de xullo de 2023. 

Misión do posto

A misión deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna.  

Lugar de traballo: Contexto natural da persoa con diversidade. Posto non asociado a un local determinado. 
Duración: 12 meses, 75% da xornada 
Inicio: Incorporación inmediata, data límite 10/12/2024 
  1. Deseño e implementación de actividades de inclusión social favorecendo a toma de decisión das persoas con diversidade, e o cumprimento dos obxectivos do plan individual.  
  1. Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar nas accións diarias: actividades deportivas, actividades da vida diaria e transporte. 
  1. Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar do máximo posible das actividades nas que participa 
  1. Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  1. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación. 

Formación e experiencia 

  1. Formación en atención á diversidade. Valorarase formación específica no ámbito da diversidade: integración social, educación social, traballo social, etc. 
  1. Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo, sempre que sexa posible en función da duración do contrato fixo-discontinuo. 
  1. Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713, no momento da contratación.  
  1. Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Emprego e Igualdade do 3 de agosto de 2021, do 12 de xullo de 2022, do 31 de xullo de 2023. 

Valorarase positivamente: 

  1. Disponibilidade horaria para a facilitación de inclusión en entornos naturais (comunidade)  
  1. Boa planificación. 
  1. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 
  1. Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 
  1. Certificado de Manipulador de Alimentos.  
  1. Carné de conducir tipo B1.
  1. Formación en monitor/a de tempo libre ou similar. 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha  carta de motivación  e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentas ó posto de “Profesional facilitador de inclusión social”. 

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp). 

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!