(Pechada) Oferta de emprego: Profesional de Apoio en Comunidade
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de profesional de Apoio en Comunidade
Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Sobre Nós
Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.
Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio.
Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas.
Traballamos:
- prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
- formamos e promovemos o emprego digno na comarca.
Sobre o posto de traballo
Ambar está a buscar un profesional de Apoio en Comunidade que preste apoio directo á persoa con diversidade e o seu entorno, promovendo a toma de decisións e a participación activa na comunidade.
Como presentarse a esta oferta
Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico talento@asociacionambar.org. A data límite é o 10 de maio.
As entrevistas realizaranse entre a partir do 4 de maio.
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 87 44 80 ou 697 687 952 (WhatsApp).
Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti.
- Descrición do posto:
| Área | Servizo de Axuda no Fogar – Vivindo En Comunidade |
| Lugar de traballo | Asociación Ambar, Ribeira. Desprazamentos no centro de Ribeira. |
| Duración | Incorporación inmediata. Xornada de 10 horas semanais, de 17 a 19h de luns a venres. Duración temporal, por necesidade do servizo. Con posibilidade de ampliación horaria segundo novas demandas. |
Misión e obxectivos xerais do posto
A misión deste posto é prestar apoio directo á persoa con diversidade e ao seu entorno. Para acadar esta finalidade levaránse a cabo os seguintes obxectivos:
- Fomentar a participación activa na comunidade mediante paseos regulares dentro do entorno urbano de Ribeira.
- Velar polo benestar da persoa con diversidade
Responsabilidades
- Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar nas accións diarias na comunidade: actividades de lecer, actividades da vida diaria.
- Realizar as estratexias de apoio definidas no plan individual da persoa con diversidade.
- Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar do máximo posible das actividades nas que participa.
- Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Necesario contar con formación de habilitación para a axuda no fogar como Auxiliar de Axuda no Fogar, Atención Sociosanitaria, Atención a persoas en situación de dependencia, Auxiliar de Enfermería.
- Carné de conducir tipo B1.
- Valorarase positivamente outra formación en atención á diversidade.
- Formación en monitor de tempo libre, valorarase positivamente.
- Experiencia de traballo con persoas con diversidade valorarase positivamente.
Habilidades persoais e outros
- Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
- Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
- Boas habilidades de organización e resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria.
- Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación.
- Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
