Oferta de emprego: Profesional de apoio a persoas
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Profesional de apoio a persoas. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese, e saber pronto de ti!
Sobre o posto de traballo
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía persoal da persoa.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Descrición do posto
Posto: Profesional de apoio a persoas con diversidade | |
Área: Servizos de Atención Diúrna Dependente de Coordinación dos Servizos de Atención Diúrna. | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira | |
Duración: ata finais de xullo, con posibilidade de prórroga. Xornada completa. Incorporación inmediata. | |
Horario: habitualmente de luns a venres de 8:30 – 17h, ainda que pode variar en función da actividade. |
Responsabilidades
- Apoiar á persoa con diversidade para que poida participar nas accións diarias: actividades deportivas, de lecer, actividades da vida diaria e transporte.
- Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar o máximo posible das actividades nas que participa.
- Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Valorarase formación en atención á diversidade. Valorarase as especialidades que traballan directamente con persoas con diversidade funcional: atención sociosanitaria, integración social, profesorado especialidade diversidade, educación social, ou outras relacionadas.
- Experiencia de traballo con persoas con TEA.
- Experiencia en actividades físico-deportivas
- Carné de conducir tipo B1.
Como presentarse a esta oferta
Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos o teu currículo a seguinte dirección de correo electrónico a talento@asociacionambar.org o antes posible xa que o posto é de incorporación inmediata.
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App) Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti!