Oferta de emprego: Profesional de apoio a persoas con diversidade

Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.  

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Sobre nós

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.  

Para acadar isto, traballamos: 

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio, 
  • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade, 
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna, 
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio, 
  • formamos e promovemos o emprego digno na comarca.

A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional. 

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Descrición do posto: Profesional de apoio a persoas con diversidade 

Área Atención a persoas con diversidade funcional 
Lugar de traballo Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira. Comunidade 
Duración e xornada Ata decembro, con posibilidade de continuidade en relación á progresión do proxecto. Mínimo 50% da xornada, valorable 
Horario Flexible en función das necesidades do proxecto.
Salario base XVI Convenio de Centros de atención a discapacidade.  Grupo III. Técnico. 
Inicio Incorporación inmediata 

A misión deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade. 

Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos: 

  • Velar pola promoción da autonomía da persoa con diversidade en todas as actividades propostas. 
  • Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Apoio. 
  • Conseguir a satisfacción e a promoción da autonomía da persoa con diversidade á vez que se logran os obxectivos individuais. 

Responsabilidades 

  • Deseño e implementación de actividades dentro do Proxecto de Apoios en Comunidade, en relación a promover que as persoas con diversidade poidan usar os servizos nas mesmas condicións que a cidadanía.  
  • Prestar apoios para que as persoa con diversidade poidan participar nas accións diarias: actividades da vida diaria, actividades de lecer, deportivas  e no desprazamento.  
  • Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida acadar a máxima autonomía. 
  • Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  • Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización. 

Formación e experiencia 

  • Formación e experiencia en atención á diversidade. 

Valorarase experiencia nas especialidades que traballan directamente con persoas con diversidade funcional: atención sociosanitaria e outras relacionadas. 

  • Carné de conducir tipo B1 
  • Valorarase positivamente: 
  • Experiencia de traballo con persoas con diversidade 
  • Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 
  • Certificado de Manipulador de Alimentos. 
  • Formación en monitor/a de tempo libre ou similar.  
  • Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 

Habilidades  

  • Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal. 
  • Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  • Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria. 
  • Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación. 
  • Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados. 

Se pensas que esta oferta é para ti, envíanos o teu currículo e carta de motivación ó correo talento@asociacionambar.org ou cubre o seguinte formulario o antes posible.

O proceso de selección comenza o venres 14 de febreiro.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti! 

    Ir o contido