Oferta de emprego: Profesional de apoio a persoas con diversidade
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Profesional de apoio a persoas con diversidade . Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.
Sobre nós
O propósito de Ambar é o de impulsar vidas independentes na comunidade. Para iso, conectamos ás persoas con diversidade, cos recursos da comunidade prestando apoios para que elixan a vida que queren vivir, e por iso marcámonos como principal liña estratéxica que a asociación sirva como ferramenta para aportar ás persoas con diversidade funcional, os apoios persoais e especializados necesarios, para lograr que vivan a vida que queiran vivir.
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía persoal da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Sobre o posto de traballo
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto directo coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía persoal da persoa.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Como presentarse a esta oferta
Se estás interesado/a en postular á seguinte oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a talento@asociacionambar.org . Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante” especificadas a continuación.
Descrición do posto: Profesional de apoio a persoas con diversidade
Área: Servizos de Atención Diúrna e Vivenda con Apoio Dependente de Coordinación dos Servizos de Atención Diúrna. | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza (Frións – Ribeira) e Vivenda con Apoio (Edf. Praza 8 de Marzo – Ribeira). | |
Duración: 1 ano. Prorrogable. Xornada completa. | |
Horario: Rotación mensual. Quenda en servizo de atención diúrna e quenda de noite en servizo de vivenda con apoio. | |
Salario base: Grupo III. Técnico do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. |
Misión e obxectivos xerais do posto
A misión deste posto é promover e levar a cabo actividades de inclusión social co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna, e do servizo de Vivenda con Apoio.
Para acadar esta finalidade levaranse a cabo os seguintes obxectivos:
- Velar pola promoción da autonomía das persoas con diversidade en todas as actividades propostas.
- Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Apoio.
- Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas.
Responsabilidades
- Apoiar á persoa con diversidade para que poida participar nas accións diarias: actividades deportivas, de lecer, actividades da vida diaria e transporte.
- Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar o máximo posible das actividades nas que participa.
- Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Formación en atención sociosanitaria.
2. Valoraranse ademáis outras formacións en atención á diversidade que traballan directamente con persoas con diversidade funcional como integración social, educación social ou outras relacionadas.
3. Experiencia de traballo con persoas con diversidade, especialmente persoas con TEA.
- Carné de conducir tipo B1.
- Certificado de manipulador de alimentos.
- Dispoñibilidade horaria.
- Formación en monitor de tempo libre, valorarase positivamente.
8. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.
Habilidades persoais e outros
- Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
- Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
- Boas habilidades de organización e resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria.
- Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación.
- Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti!