Oferta de emprego: Profesional de apoio á inclusión (pechada)
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Profesional de apoio á inclusión. Este artigo inclúe información sobre este posto, a asociación, o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta. Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Descrición do posto: Profesional de apoio á inclusión
Área: Inclusión | |
Lugar de traballo: Comunidade (Comarca Barbanza) | |
Duración: 1 mes, 10h semanais | |
Inicio: 2 de agosto de 2021 | |
Salario base: Titulado nivel técnico (Grupo III), do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. |
Misión do posto
A misión deste posto é apoiar á persoa con diversidade en actividades de esparcemento, de lecer e deportivas dentro da comunidade contribuindo á mellora da súa calidade de vida.
Responsabilidades
- Apoiar á persoa con diversidade, segundo as pautas de apoio específicas.
- Planificar actividades de lecer e de esparcemento na comunidade acorde aos gustos e intereses individuais.
- Realizar seguimento e comunicación das accións.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Formación en ámbito sociosanitario en atención a persoas con diversidade.
- Experiencia de traballo con persoas con diversidade con necesidade de apoio intenso.
- Experiencia no liderado de actividades inclusivas de lecer ou deportivas.
- Formación en monitor de tempo libre, valorarase positivamente.
- Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.
- Carné de conducir tipo B1.
Habilidades e outros
- Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal
- Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
- Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria
- Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación.
- Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
- Coñecemento ou intereses persoais por áreas artísticas como a música, danza, teatro valorarase positivamente.
Como presentarse a esta oferta
Se estás interesado/a en postular á seguinte oferta, envíanos a correo@asociacionambar.org unha carta de motivación e o teu currículo. Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante” que aparecen neste artigo, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura.
Sobre Ambar
A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto…
- prestamos apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o apoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
- formamos e promovemos o emprego inclusivo na comarca.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!