Oferta de emprego: Profesional conductor transporte adaptado

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Profesional de condución para servizo de transporte adaptado

Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Sobre o posto de traballo

 A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto directo coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía persoal da persoa.

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Descrición do posto

Área Servizo de transporte adaptado 
Lugar de traballo Centro de Recursos da Barbanza (Frións – Ribeira)   
Duración e xornada 6 meses
Xornada inferior a xornada parcial (2,5h./día)
Horario Horarios do servizo de transporte 8:15-9:30h e 16:30-17:45h
Inicio Marzo 2025

Misión do posto

A misión deste posto é apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. 

Para acadar esta finalidade levaranse a cabo os seguintes obxectivos:

  1. Velar pola seguridade e promoción da autonomía das persoas con diversidade funcional.
  2. Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade. 
  3. Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas. 
  1. Realizar transporte adaptado  para o desprazamento das persoas con diversidade funcional.
  2. Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade segundo as pautas individualizadas.
  3. Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desenrolar ó máximo a súa autonomía.
  4. Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  5. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización. 

Formación e experiencia 

  1. Carné de conducir tipo B1, con 2 anos  de antigüidade.
  2. Valorase formación en atención á diversidade: atención socio-sanitaria, acompañamento en transporte adaptado, formación en mobilizacións ou outras relacionadas. 
  3. Dispoñibilidade horario partido para servizo transporte.
  4. Experiencia de traballo con persoas con diversidade valorarase positivamente. 
  5. Valorase estar en posesión do certificado de grao de discapacidade.

Habilidades: 

  1. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
  2. Excelente capacidade para a xestión emocional,  e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  3. Boas habilidades de organización e resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria.
  4. Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados. 

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.  

Ambar traballa desde unha perspectiva comprometida coa transición á comunidade das persoas con diversidade.

O propósito de Ambar é o de impulsar vidas independentes na comunidade. Para iso, conectamos ás persoas con diversidade, cos recursos da comunidade prestando apoios para que elixan a vida que queren vivir, e por iso marcámonos como principal liña estratéxica que a asociación sirva como ferramenta para aportar ás persoas con diversidade funcional, os apoios persoais e especializados necesarios, para lograr que vivan a vida que queiran vivir.

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico talento@asociacionambar.org ou cubre o seguinte formulario.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    A data límite é o mércores 17/02/2025.

    As entrevistas realizaranse na última semana de febreiro.

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

    Ir o contido