Oferta de emprego: Orientador/a Laboral
Benvido/a e grazas polo teu interese no posto de Orientador/a Laboral . Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Descrición do posto: Orientador/a laboral
Área: Emprego | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos de Ambar, Ribeira; con desprazamentos dentro da comarca para prospección empresarial e de candidatos. | |
Duración: Permiso por paternidade | |
Inicio: Incorporación inmediata | |
Xornada: Tempo completo (segundo XV Convenio de centros de atención á discapacidade). | |
Horario: Flexible, tendo algúns días continua e partida en función das necesidades das persoas demandantes de emprego e organizativas. | |
Contar coa formación e experiencia que se solicita no Artigo 13 da ORDE de 23 de decembro de 2021 de contratación de persoal técnico de orientación laboral. |
Sobre Ambar
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto, traballamos:
- prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o apoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
- formamos e promovemos o emprego digno.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Sobre o posto de traballo
Ambar busca un/ha Orientador/a laboral como parte do servizo que presta en colaboración co Servicio de Orientación Laboral da Xunta, para a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional, especialmente con diversidade intelectual.
Para poder ser seleccionado/a será requisito imprescindible contar coa experiencia ou formación requirida para obter a puntuación mínima que se solicita no Artigo 13 da ORDEN de 23 de decembro de 2021 de contratación de persoal técnico de orientación laboral (Enlace orde) que rexe esta convocatoria.
Necesítase obter unha puntuación mínima de 3,5 puntos.
Se a persoa candidata xa foi contratada baixo esta orde, pode especificar que xa conta cun currículo baremado (Ver baremo).
Misión e obxectivos do posto
A misión deste posto é a de orientar e apoiar na busca de emprego a persoas con diversidade intelectual principalmente, e ou física e sensorial a través do uso de ferramentas de orientación así como a prospección de empresas, para facilitar a busca dos perfís máis demandados.
Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos:
- Asesorar e acompañar a persoas con diversidade na busca de oportunidades laborais e de formación.
- Forxar relacións cos diferentes actores sociais, en especial coas empresas ordinarias, para a busca de oportunidades laborais para persoas con diversidade funcional.
Responsabilidades
A orde do ORDE de 23 de decembro de 2021, establece as responsabilidades das que se encargará este posto, entre as cales se identifican as seguintes:
1. Orientación e asesoramento de persoas con diversidade, facendo fincapé no diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego, así como deseño dun IPI.
2. Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral, atopando intereses comúns entre as diferentes persoas que forman a bolsa de emprego.
3. Prospección e busca de oportunidades e postos de traballo na comarca, forxando moi boas relacións coas empresas da contorna.
4. Manterse informado/a sobre a situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego, para incrementar as posibilidades de empregabilidade.
5. Asesoramento e a acompañamento sobre emprendemento, así como programas de mobilidade europeos.
6. Coordinación e colaboración co resto de persoal de orientación laboral e coa Rede de técnicos de emprego de Galicia para o intercambio de información e boas prácticas.
7. Calquera outra función que poida ter un impacto na empregabilidade das persoas con diversidade funcional.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Contar coa formación e experiencia especificada no artigo 13 desta Orde: Titulación e/ou formación específica en materia de orientación laboral.
- Experiencia como persoal orientador ou postos de emprego similares á solicitada.
- Valorase positivamente experiencia en traballar con persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión.
Habilidades e outras competencias
- Autonomía para levar a cabo sesións de orientación e asesoramento, fomentando a toma de decisións da persoa demandante de emprego, e adaptándose ás necesidades de cada unha das persoas.
- Capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
- Coñecemento de ferramentas para a inclusión laboral: portais de emprego, recursos, formacións, etc. que axuden á persoa demandante á incrementar ás súas posibilidades de inserción.
- Excelentes habilidades de comunicación con diferentes interlocutores (empresas, autoridades, etc.); en particular, excelente uso do galego, tanto no oral como na escrita.
- Capacidade de identificar necesidades na área de emprego, e ter a suficiente iniciativa para propoñer solucións para as mesmas.
- Uso excelente dos aplicativos de Microsoft 365 (Office).
- Capacidade para crear e manter boas relacións coas empresas, así como familias das persoas con diversidade.
- Capacidade de innovación, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
- Dispoñibilidade para asistir a eventos de emprego fóra da xornada laboral estándar, así como para desprazarse dentro da comarca ou ás cidades principais de Galicia.
Como presentarse a esta oferta
Se estás interesado/a en postular a esta oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo ó seguinte correo electrónico: talento@asociacionambar.org
Na carta de motivación, describe como cumpres as “as especificacións da persoa solicitante”, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura. Especifícanos tamén a túa situación laboral, se eres demandante de emprego ou estas en activo.
O prazo para enviar a túa candidatura é ata o martes 3 de xaneiro.
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Recordarche que, debido ó número de candidaturas que recibimos noutras ocasións, soamente podemos poñernos en contacto coas persoas que son preseleccionadas unicamente.
Moitas gracias polo teu interese en traballar con nós, e contribuír a un mundo máis inclusivo!
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!