Oferta de emprego: Logopeda

Como presentarse a esta oferta

Envíanos o teu CV o antes posible a talento@asociacionambar.org ou podes entregalo tamén nas
nosas instalacións: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. A Granxa, 5 – 15967 Frións, Ribeira.

A Logopeda avalia, preven ou manten as habilidades de comunicación, fala, linguaxe, voz e
deglutición da persoa con diversidade deseñando un plan de obxectivos individual, para a mellora
progresiva da persoa e asegurar que incrementa a súa participación en comunidade.

Ademais, a persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con
diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as
ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que
cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional.

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.

Área: Servizos de Atención Diúrna.
Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira. 
Duración: Substitución por baixa laboral. Xornada de 24 horas semanais.
Xornada: Incorporación inmediata.
Inicio: XVI Convenio de Centros de atención a discapacidade. Grupo II. Persoal Titulado nivel 2.

O obxectivo deste posto é mellorar os procesos de comunicación e as funcións orais non verbais
das persoas con diversidade mellorando así a súa calidade de vida.


Responsabilidades

  • Deseñar, organizar, implementar e avaliar propostas que fomenten a adquisición de
    habilidades ou a súa mellora para a vida autónoma en comunidade das persoas con
    diversidade na área de benestar físico.
  • Avaliar, diagnosticar, rehabilitar ou previr os trastornos de comunicación e das funcións
    orais non verbais, segundo os plans individuais de atención.
  • Participar na elaboración, execución e avaliación de programas individuais de atención
    como membro dun equipo multidisplinar.
  • Participar na elaboración, execución e avaliación de proxectos de educación e saúde
    como membro dun equipo multidisciplilnar.
  • Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do
    posto laboral, ou encomendadas pola coordinación do servizo.
  • Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de
    traballo da entidade.
  • Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores,
    normas e procedementos da organización.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  • Titulación en grado ou diplomatura en logopedia.
  • Formación específica de Máster ou cursos en materiais relacionados co posto ofertado,
    valorarase positivamente.
  • Coñecemento das novas tecnoloxías aplicadas á estimulación da comunicación.
  • Desexable experiencia en atención á diversidade.
  • Valorarase positivamente o coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española.
  • Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral.
  • Uso de dispositivos dixitais, Microsoft 365.

Habilidades persoais e outros

  • Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
  • Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar
    situacións e contratempos con serenidade.
  • Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da
    persoa usuaria.
  • Boas habilidades de comunicación escrita, e sobre todo verbal.
  • Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a
    formación.
  • Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.


Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con
diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en
Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de
condicións que o resto da cidadanía.
Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da
autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos
coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para
poder vivir en comunidade independentemente con apoio.
Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna,
formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía
entre outros servizos e programas.

Para acadar isto, traballamos:

  • Prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das
    actividades de ocio,
  • Impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión
    artística e da creatividade,
  • Aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros
    ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
  • Facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de
    vivenda con apoio,
  • Formamos e promovemos o emprego digno na comarca.

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de
oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides
en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App)

Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti.

Ir o contido