Oferta de emprego: Lídes de proxectos na Asociación Ambar (Ribeira). Envía o teu CV a correo@asociacionambar.org

Oferta de emprego: Líder de proxectos

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Líder de proxectos. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese, e saber pronto de ti!

Descrición do posto: Líder de proxectos



Lugar de traballo: Mixto: Centro de Recursos da Barbanza de Ambar (Ribeira); Teletraballo dispoñible.

Duración: Contrato inicial de 6 meses, xornada negociable, con probabilidade de continuación
Inicio: Incorporación inmediata

Sobre o posto de traballo

Ambar está a vivir unha etapa moi ilusiónante trala creación do Plan estratéxico 2021-2023, que marca as próximas prioridades da organización moi en liña coa Convención de Dereitos das persoas con diversidade da ONU e a Estratexia Europea da diversidade, que promoven obxectivos de desinstitucionalización en prol da participación na comunidade así como a promoción da vida independente como chave da mellora da calidade de vida das persoas con diversidade.

Dentro deste marco, Ambar está a buscar un/ha Técnico/a de proxectos para liderar solucións creativas a necesidades dos nosos públicos obxectivos, con moita iniciativa e ganas de afrontar novos retos, sen medo a cuestionar as estruturas actuais no ámbito da diversidade para poder aliñarnos coas directrices internacionais que marcan a transición dos servizos institucionais ós servizos baseados na comunidade.

Este é un posto como moita autonomía e que se verá involucrado en proxectos estratéxicos no día a día, polo cal buscamos un perfil afeito a tomar decisións en aspectos chave, e a levar a cabo proxectos de maneira proactiva.

Misión do posto

A misión deste posto é buscar ideas en base á investigación e presentar proxectos a financiadores tanto públicos como privados que solucionen necesidades das persoas con diversidade da comarca da Barbanza, en base á filosofía de promoción de vida independente de Ambar.

Responsabilidades

  1. Idear e elaborar proxectos en base á filosofía de promoción da vida independente e a promoción da desinstitucionalización, que resolvan necesidades das persoas con diversidade funcional.
  2. Presentar os proxectos elaborados a diferentes financiadores, tanto públicos como privados.
  3. Coordinar proxectos estratéxicos actuais, como por exemplo o plan estratéxico, facendo unha medición exhaustiva do progreso e resultados.
  4. Elaboración de xustificacións e informes dos proxectos presentados.
  5. Promover a innovación en proxectos da organización, manténdose informado do que sucede noutros sectores e podendo atraer.
  6. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación.
  7. Colaborar noutras responsabilidades que se lle sexan encomendadas en relación cos valores de Ambar de axuda entre iguais, como poden ser apoio a persoas con diversidade nos diferentes servizos.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Experiencia en liderar de maneira autónoma e proactiva proxectos, e levar a cabo xustificacións a diferentes financiadores.
  2. Experiencia en propoñer solucións innovadoras a problemas dos públicos obxectivos.
  3. Experiencia de coordinar equipos de traballo, asignando responsabilidades, e cumprindo prazos.
  4. Experiencia en levar a cabo proxectos en tempo e forma, con capacidade de planificar o traballo propio e o do equipo de traballo do proxecto.
  5. Experiencia no bo manexo de softwares de xestión de proxectos e coñecemento e de metodoloxías de proxectos (Design Thinking, Lean, Kanban,…).
  6. Formación acorde con xestión de proxectos.

Habilidades e outros

  • Proactividade e liderado de proxectos.
  • Persoa creativa que propoña solucións innovadoras.
  • Habilidade de ir máis alá do establecido.
  • Excelente planificación de proxectos e recursos, e capacidade de anticiparse ás necesidades.
  • Capacidade para crear un bo clima de traballo e fortalecer a organización a longo prazo.
  • Capacidade para crear conexións fortes con colaboradores e equipos de traballo.
  • Capacidade de mellora, autocrítica para poder mellorar proxectos e resultados.
  • Capacidade para asumir os obxectivos estratéxicos da organización como propios, facéndoos valer diante de colaboradores e financiadores.
  • Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Nivel alto de inglés valorarase positivamente.
  • Manexo profesional do paquete MS Office.

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: correo@asociacionambar.org ou cubre o seguinte formulario, antes do 16 de novembro de 2021.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    As entrevistas por competencias realizaranse a semana do 15 de novembro. Será imprescindible ter experiencia ben fundamentada en liderado e xestión de proxectos, para pasar á fase de entrevista. A persoa candidata terá que contestar ás preguntas facendo sempre referencia a situacións laborais previas e exemplos de situacións laborais que demostren a súa experiencia e habilidades profesionais, como se require nunha entrevista por competencias.

    Sobre Ambar

    Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

    Para acadar isto, traballamos:

    • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
    • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
    • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
    • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
    • formamos e promovemos o emprego digno na comarca.

    Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

    A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!