Oferta de emprego: Fisioterapeuta
Benvido/a e grazas polo teu interese no posto de Fisioterapeuta. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Sobre nós
A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Ambar traballa desde unha perspectiva comprometida coa transición á comunidade das persoas con diversidade.
O propósito de Ambar é o de impulsar vidas independentes na comunidade. Para iso, conectamos ás persoas con diversidade, cos recursos da comunidade prestando apoios para que elixan a vida que queren vivir, e por iso marcámonos como principal liña estratéxica que a asociación sirva como ferramenta para aportar ás persoas con diversidade funcional, os apoios persoais e especializados necesarios, para lograr que vivan a vida que queiran vivir.
Sobre o posto de traballo
O obxectivo deste posto é mellorar ou manter a mobilidade e autonomía
das persoas con diversidade mellorando así a súa calidade de vida.
Como presentarse a esta oferta
Se estás interesado/a en postular á seguinte oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a talento@asociacionambar.org . Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante” especificadas a continuación.
Descrición do posto: Fisioterapeuta
Área: Servizos de Atención Diúrna | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza (Frións – Ribeira) | |
Duración: 12 meses, prorrogable. Xornada completa. | |
Inicio: Incorporación inmediata | |
Salario base: Titulado nivel 1 (Grupo III), do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. |
Responsabilidades
1. Avaliar, previr ou rehabilitar a condición física da persoa usuaria deseñando un plan de obxectivos individual.
2. Participar na elaboración, execución e avaliación de programas individuais de atención como membro dun equipo multidisplinar.
3. Participar na elaboración, execución e avaliación de proxectos de educación e saúde como membro dun equipo multidisciplinar.
4. Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do posto laboral, ou encomendadas pola coordinación do servizo.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
1. Titulación de grao ou diplomatura en Fisioterapia.
2. Formación específica de Máster ou cursos en materias relacionadas co posto ofertado, valorarase positivamente.
3. Experiencia en atención á diversidade, valorarase positivamente.
4. Experiencia na avaliación de necesidades e elaboración de informes, valorarase positivamente.
5. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.
Habilidades e outros
6. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
7. Capacidade de traballo en equipo.
8. Boas habilidades de comunicación escrita e verbal, en galego (lingua preferente) e castelán.
9. Proactividade e iniciativa na creación e implementación de proxectos, incluíndo elaboración de informes.
10. Capacidade de mellora continua, ir sempre máis alá, e intentar mellorar resultados.
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!