Oferta de emprego: Fisioterapeuta

Benvido/a e grazas polo teu interese no posto de Fisioterapeuta. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Descrición do posto: Fisioterapeuta


Área: Servizos de Atención Diúrna  

Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza (Frións – Ribeira)

Duración: 12 meses, prorrogable. 38.5 horas semanais 

Inicio: Incorporación inmediata

Salario base: Titulado nivel 1 (Grupo III), do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

Obxectivos do posto

O obxectivo deste posto é mellorar ou manter a mobilidade e autonomía das persoas con diversidade mellorando así a súa calidade de vida.

Responsabilidades

1. Avaliar, previr ou rehabilitar a condición física da persoa usuaria deseñando un plan de obxectivos individual.

2. Participar na elaboración, execución e avaliación de programas individuais de atención como membro dun equipo multidisplinar.

3. Participar na elaboración, execución e avaliación de proxectos de educación e saúde como membro dun equipo multidisciplilnar.

4. Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do posto laboral, ou encomendadas pola coordinación do servizo.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

1. Titulación de grao ou diplomatura en Fisioterapia.

2. Formación específica de Máster ou cursos en materias relacionadas co posto ofertado, valorarase positivamente.

3. Experiencia en atención á diversidade, valorarase positivamente.

4. Experiencia na avaliación de necesidades e elaboración de informes, valorarase positivamente.

5. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.

Habilidades e outros

6. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.

7. Capacidade de traballo en equipo.

8. Boas habilidades de comunicación escrita e verbal, en galego (lingua preferente) e castelán.

9. Proactividade e iniciativa na creación e implementación de proxectos, incluíndo elaboración de informes.

10. Capacidade de mellora continua, ir sempre máis alá, e intentar mellorar resultados.

Como presentarse a esta oferta

Envíanos o teu CV e carta de motivación a correo@asociacionambar.org

Sobre Ambar

A Asociación Ambar  das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Para acadar isto, traballamos:

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
  • impulsamos o empoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
  • formamos e promovemos o emprego digno.

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!