Oferta de emprego: Facilitador/a de Inclusión

Sobre o posto de traballo

A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional. 

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.   

Descrición do posto

Área Atención a persoas con diversidade funcional 
Lugar de traballo Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira. Comunidade 
Duración e xornada Substitución por baixa laboral, inicialmente 1 mes con posibilidade de continuidade. Mínimo 50% da xornada, valorable 
Horario Mañás de luns a venres XV Convenio de Centros de atención a discapacidade.  Grupo III Persoal técnico. Técnico Superior Nivel I 
Inicio Incorporación inmediata 

Misión do posto

A misión deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna e do Servizo de Vivenda con Apoio.  

Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos: 

  1. Velar pola promoción da autonomía das persoas con diversidade en todas as actividades propostas. 
  1. Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Atención. 
  1. Conseguir a satisfacción e a promoción da autonomía das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas. 
  1. Deseño e implementación de actividades dentro da área de formación para a vida, en relación a habilidades académicas, instrumentais e de envellecemento activo para o cumprimento dos obxectivos do plan individual de cada persoa usuaria. 
  1. Desenvolver o rol de persoa de referencia velando polo benestar das persoas no seu día a día. 
  1. Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar o máximo posible das actividades nas que participa. 
  1. Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar nas accións diarias: actividades da vida diaria, actividades deportivas  e transporte. 
  1. Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  1. Colaborar en proxectos na comunidade que promovan que as persoas con diversidade poidan usar os servizos nas mesmas condicións que a cidadanía. 
  1. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización. 

Formación e experiencia 

  1. Formación e experiencia en atención á diversidade. 

Valorarase experiencia nas especialidades que traballan directamente con persoas con diversidade funcional: psicopedagoxía, educación social, profesorado especialidade diversidade 

  1. Experiencia en formar a outras persoas 
  1. Manexo de medios e programas dixitais para a formación 
  1. Carné de conducir tipo B1 
  1. Valorarase positivamente 
  • Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 
  • Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 
  • Certificado de Manipulador de Alimentos. 
  • Formación en monitor/a de tempo libre ou similar. 

Habilidades: 

  1. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal 
  1. Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  1. Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria 
  1. Boas habilidades de comunicación escrita, e sobre todo verbal. 
  1. Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación. 
  1. Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados. 

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.  

Para acadar isto, traballamos: 

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio, 
  • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade, 
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna, 
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio, 
  • formamos e promovemos o emprego digno na comarca. 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha  carta de motivación  e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentas ó posto de “Facilitador/a de inclusión ”. 

Comezo de proceso de selección: luns 20/01/2025

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

Ir o contido