Oferta de emprego: Facilitador/a de Inclusión

Sobre o posto de traballo 

Fundación Diversia está a buscar un/ha profesional Facilitador/a de Inclusión social para a promoción de accións de inclusión social en contextos naturais, facilitando a experiencia e crecemento da persoa con diversidade en todos os contextos da vida.

  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (integración social, educación social, etc.)  
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024. 

Propósito  

O propósito deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social no contexto natural da persoa con diversidade, asegurando así que a persoa adquira habilidades para a vida en comunidade e poida exercer a súa autonomía e toma de decisións.

Lugar de traballo:  Fundación Diversia, Ribeira. 
Duración: 12 meses, 75% da xornada 
Salario: Técnico Superior Nivel 1. XVI Convenio de centros de atención a persoas con discapacidade. 
Inicio: Incorporación inmediata 

Responsabilidades 

  • Deseño e implementación de actividades de inclusión social no contexto natural da persoa con diversidade favorecendo a toma de decisión e o cumprimento dos obxectivos do plan individual de atención.  
  • Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar nas accións diarias na comunidade: actividades deportivas, actividades da vida diaria e transporte. 
  • Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar do máximo posible das actividades nas que participa 
  • Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  • Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación. 

Requisitos da persoa solicitante  

  • Formación en atención á diversidade. Valorarase formación específica no ámbito da diversidade: integración social, educación social, traballo social, etc. 
  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (integración social, educación social, etc.)  
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024. 

Valorarase positivamente: 

  • Dispoñibilidade horaria para a facilitación de inclusión en entornos naturais (comunidade)  
  • Boa planificación. 
  • Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 
  • Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 
  • Certificado de Manipulador de Alimentos  
  • Carné de conducir tipo B1 
  • Formación en monitor/a de tempo libre ou similar 

Como presentarse a esta oferta 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentes ó posto de “Facilitador/a en inclusión social”.

Sobre Nós  

A Fundación Diversia traballa aportando apoios personalizados para a inclusión social das persoas con diversidade funcional e o acompañamento necesario na toma de decisión.

Estes apoios, realizados na comunidade garanten o uso de servizos comunitarios a persoas con diversidade funcional, permitíndolle que vivan de forma independente cos apoios que poidan necesitar, aportando apios individualizados para evitar a soidade, a institucionalización e a segregación. 

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

Ir o contido