Oferta de emprego: Facilitador/a de Inclusión

Sobre o posto de traballo 

Ambar está a buscar un/ha profesional Facilitador/a de Inclusión social para a promoción de accións de inclusión social en contextos naturais, facilitando a experiencia e crecemento da persoa con diversidade en todos os contextos da vida.

  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (integración social, educación social, etc.)  
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024. 

Propósito  

O propósito deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social no contexto natural da persoa con diversidade, asegurando así que a persoa adquira habilidades para a vida en comunidade e poida exercer a súa autonomía e toma de decisións.

Lugar de traballo:  Asociación Ambar, Ribeira. Desprazamentos na comarca da Barbanza. 
Duración: 12 meses, 75% da xornada 
Salario: Técnico Superior Nivel 1. XVI Convenio de centros de atención a persoas con discapacidade. 
Inicio: Incorporación inmediata 

Responsabilidades 

  • Deseño e implementación de actividades de inclusión social no contexto natural da persoa con diversidade favorecendo a toma de decisión e o cumprimento dos obxectivos do plan individual de atención.  
  • Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar nas accións diarias na comunidade: actividades deportivas, actividades da vida diaria e transporte. 
  • Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar do máximo posible das actividades nas que participa 
  • Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  • Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación. 

Requisitos da persoa solicitante  

  • Formación en atención á diversidade. Valorarase formación específica no ámbito da diversidade: integración social, educación social, traballo social, etc. 
  • Estar desempregado/a ou con contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo. 
  • Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713 (integración social, educación social, etc.)  
  • Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas concedidas por este programa previamente nas anualidades 2022, 2023 e 2024. 

Valorarase positivamente: 

  • Dispoñibilidade horaria para a facilitación de inclusión en entornos naturais (comunidade)  
  • Boa planificación. 
  • Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 
  • Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 
  • Certificado de Manipulador de Alimentos  
  • Carné de conducir tipo B1 
  • Formación en monitor/a de tempo libre ou similar 

Como presentarse a esta oferta 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: https://asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentes ó posto de “Facilitador/a en inclusión social”.

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades 

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 87 44 80 ou 647 60 96 40 (WhatsApp). 

Sobre Nós  

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.    

Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio.   

Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas. 

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti! 

Ir o contido