Oferta de emprego: Docente

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Docente da familia profesional de Agraria (AGAR0309).

Nesta páxina incluímos información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.    

Descrición do posto


Área: Formación, Orientación e Emprego 

Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira

Horario: 9:00 – 14:00 aproximadamente

Duración: 2 meses

Inicio: 12/02/24 – 16/04/24

Requisitos da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

Docente Familia Profesional Agraria para impartir contidos relacionados co certificado de profesionalidade AGAR0309 – Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. 

Que a persoa estea acreditada oficialmente como docente para impartir a formación valorarase positivamente.  

Outra formación ou experiencia en apoio á diversidade, valorarase positivamente.   

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivacióne o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: empregoinclusivo@asociacionambar.org

  

Sobre Nós

Ambar é a asociación pioneira da Barbanza que traballa polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos dende fai máis de 40 anos polo propósito de impulsar vidas independente en comunidade.

Para acadar isto, Ambar presta apoio ás persoas con diversidade en diversas fases da súa vida, asegurando que participan do servizos e recursos da sociedade, co apoio necesario, para que  vivan a vida que queren vivir.

Algunha das áreas e servizos que abarca Ambar son: 

  • Facilitación de apoios ás persoas que asisten ós Servizos de Atención Diúrna, para que participen en actividades na comunidade e nos servizos de toda a cidadanía. 
  • Proxectos orientados á inclusión da persoa nos mesmos ámbitos e espazos que o resto da cidadanía: iWork, EduDiversa, Mar Diverso,… 
  • Orientación e inserción sociolaboral a través do servizo colaborador co SEPG.
  • Fomento da Accesibilidade Universal a través de asesoramento á sociedade civil e administracións públicas.

Ambar está a vivir unha etapa moi ilusionante trala creación do Plan estratéxico 2021-2023, que marca as próximas prioridades da organización moi en liña coa Convención de Dereitos das persoas con diversidade da ONU e a Estratexia Europea, que promoven obxectivos de desistitucionalización a prol da transición a ofrecer servicios na comunidade. Neste sentido estamos redefinindo os nosos servizos para reorientalos aínda máis á comunidade e asegurarnos que as persoas con diversidade participan en igualdade de condicións co resto de persoas cidadás.

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral.

Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 673 879 034.  

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!