Oferta de emprego: Docente Formación

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Docente de Hostalería: Restaurante e Bar (HOTR0208). 

Nesta páxina incluímos información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.     

Descrición do posto


Área: Formación, Orientación e Emprego 

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Asociación Ambar, Lugar A Granxa, 5, 15967 Ribeira

Horario: 10:00 – 14:00 aproximadamente

Duración: 2 meses

Requisitos da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

Docente familia profesional Hostalería para impartir contidos relacionados co certificado de profesionalidade HOTR0208 – Operacións básicas de Restaurante e Bar. 

Que a persoa estea acreditada oficialmente como docente para impartir a formación valorarase positivamente.    

Outra formación ou experiencia en apoio á diversidade, valorarase positivamente.

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivacióne o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: empregoinclusivo@asociacionambar.org

Sobre Nós

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional vivan vidas independentes en comunidade. Ambar traballa desde unha perspectiva comprometida coa transición á comunidade das persoas con diversidade. 

O propósito de Ambar é o de impulsar vidas independentes na comunidade. Para iso, conectamos ás persoas con diversidade cos recursos da comunidade prestando apoios para que elixan a vida que quere vivir, e por iso marcámonos como principal liña estratéxica que a asociación sirva como ferramenta para aportar ás persoas con diversidade funcional, os apoios persoais e especializados necesarios, para lograr que vivan a vida que queiran vivir.

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. 

Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 673 879 034.   

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!   

 

Ir o contido