Oferta de emprego: Docente Formación

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de  Docente de Marketing e Venda: Actividades de xestión, venda e promoción no comercio (COMT0112 e IFCD0110).

Nesta páxina incluímos información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.    

Descrición do posto


Área: Formación, Orientación e Emprego 

Lugar de traballo: Instalacións da Asociación Ambar, Polígono Industrial de Xarás, 15960 Ribeira

Horario: 10:00 – 14:00 aproximadamente

Duración: 2 meses

Inicio: 24/03/25 – 29/05/25

Requisitos da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

Docente familia profesional Comercio e Marketing para impartir contidos relacionados cos certificados de profesionalidade COMT0112 – Actividades de xestión no pequeno comercio  e IFCD0110 – Confección e publicación de páxinas web.  

Que a persoa estea acreditada oficialmente como docente para impartir a formación valorarase positivamente.    

Outra formación ou experiencia en apoio á diversidade, valorarase positivamente. 

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, cubre o seguinte formulario e envíanos unha  carta de motivacióne o teu currículo especificando que te presentas ó posto de “Docente de Marketing e Venda”. 

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

      

    Sobre Nós

    A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional vivan vidas independentes en comunidade. Ambar traballa desde unha perspectiva comprometida coa transición á comunidade das persoas con diversidade. 

    O propósito de Ambar é o de impulsar vidas independentes na comunidade. Para iso, conectamos ás persoas con diversidade cos recursos da comunidade prestando apoios para que elixan a vida que quere vivir, e por iso marcámonos como principal liña estratéxica que a asociación sirva como ferramenta para aportar ás persoas con diversidade funcional, os apoios persoais e especializados necesarios, para lograr que vivan a vida que queiran vivir. 

    Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

    A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. 

    Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós a través do correo empregoinclusivo@asociacionambar.org ou nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 673 879 034.   

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!  

     

    Ir o contido