Oferta de emprego: Coordinador/a servizos atención diúrna

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Coordinador/a servizos atención diúrna. 

Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.  

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese. 

Sobre Nós

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. O noso propósito é o de “Promover Vidas Independentes en Comunidade”, asegurando así que as persoas participan na comunidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. Para isto, Ambar pon moito fincapé nun sistema de traballo baseado non só na promoción da autonomía nos propios servizos, se non en asegurar que a persoa aprende e adquire novos coñecementos que se poidan transferir ó seu día a día adquirindo cada vez máis soltura para poder vivir en comunidade independentemente con apoio. 

Para acadar isto, Ambar presta apoio a través de diferentes servizos como son: Atención Diúrna, formación e orientación laboral, emprego con apoio, vivenda, accesibilidade, arte e artesanía entre outros servizos e programas. 

 

Sobre o posto

O posto de Coordinador/a de Atención Diúrna é un posto esencial na engranaxe de Ambar, xa que lidera os servizos de Centro de Día e Ocupacionais fomentando a súa calidade e mellora continua, dando resposta ás necesidades das persoas con diversidade e ás súas familias e asegurando o benestar e bo clima do talento que impulsa os nosos servizos. 

 Estamos buscando unha persoa profesional que poida darlle continuidade a este bo facer durante seis meses a tempo completo, tempo que podería estenderse, xa que en Ambar sempre fomentamos que as persoas con talento poidan continuar na asociación.   

Se es unha persoa con ilusión por cambiar a sociedade na que vivimos e xerar unha comunidade máis implicada, este traballo é para ti. 

Descrición do posto:  

Área Coordinación 
Lugar de traballo Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira 
Duración Permiso de maternidade, ao menos 6 meses Xornada completa  
Inicio Incorporación inmediata 
Salario XVI Convenio Colectivo para centros de atención á diversidade (pendente de publicación) 

  

Misión

A misión deste posto é o de Liderar os servizos e fomentar a súa mellora continua en liña co propósito de Ambar e o plan estratéxico asegurando que as persoas con diversidade teñan unha vida independente en comunidade.  

Para acadar esta finalidade levaranse a cabo os seguintes obxectivos: 

  • Liderar os Servizos de Atención Diúrna asegurando que dean resposta ás necesidades das persoas beneficiarias e fomentando a mellora continuada nos mesmos. 
  • Deseñar e implantar as actividades relativas a calidade e medioambiente e mellora de procesos, para garantir un correcto sistema de traballo e asegurar a adquisición ou renovación de certificacións. 

Responsabilidades

  • Velar porque se implemente a metodoloxía de traballo en todos os obradoiros en liña cos Plans Individuais de Apoio, proxectos e accións que se leven a cabo, definindo accións de mellora de ser necesario.  
  • Definir os medios materiais, técnicos e de talento que necesita o servizo para o desenvolvemento da súa actividade e o cumprimento de obxectivos, asegurando a xestión eficiente dos mesmos. 
  • Facer o seguimento do talento nos servizos, promovendo o desenvolvemento e o bo desempeño profesional para asegurar un bo clima laboral entre as persoas profesionais. 
  • Facer propostas de mellora para o sistema de traballo actual en liña co Plan Estratéxico 2025-2028. 
  • Actuar como interlocutor coas administracións públicas, e outros axentes sociais para promover os servizos e asegurar a súa continuidade. 

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Grao en ramas de Ciencias da Educación, da Saúde, Sociais ou Empresariais ou experiencia demostrable no posto. 
  2. Experiencia de traballo en posto similar. 
  3. Coñecemento en normativa do terceiro sector.  
  4. Valorarase positivamente formación específica en Dirección e Xestión de centros, recursos e servizos de atención á dependencia.  
  5. Desexable formación ou experiencia de traballo en sistemas de xestión baixo normas ISO 9001 e14001. 
  6. Amplo coñecementos de ferramentas dixitais: Office365 (word, excel, access); Sharepoint, sedes electrónicas. 

Habilidades persoais e outros

  1. Organización e planificación. 
  2. Alta capacidade de autonomía e orientación a resultados. 
  3. Proactividade, capacidade de mellora e innovación. 
  4. Alta capacidade para o traballo en equipo e comunicación asertiva. 
  5. Pensamento analítico. 
  6. Excelente capacidade para a resolución de problemas, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  7. Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Outros idiomas valoraranse positivamente. 

Como presentarse a esta oferta 

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo a talento@asociacionambar.org indicando o posto ao que te presentas. A data límite é o 10/04/2025 e as entrevistas faranse na semana seguinte.  

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App) 

Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti.  

Ir o contido