Oferta de emprego: Coordinador/a de comunicación
Benvido/a e grazas polo teu interese no posto de Coordinador/a de comunicación . Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Descrición do posto: Coordinador/a de comunicación
Área: Comunicación, deseño e marketing | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza (Frións – Ribeira) | |
Duración: 6 meses inicialmente (ampliable) | |
Inicio: Incorporación inmediata. 30 horas semanais (ampliable) | |
Sobre o posto de traballo
Ambar cumpre 40 anos neste 2022, a persoa responsable da área de Comunicación vai ter moita exposición exterior e a posibilidade de propoñer e desenvolver accións creativas de diversa índole durante todo o ano.
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar nun entorno dinámico en constante crecemento. E ser axente comunicador dos proxectos da entidade fomentando unha visión positiva e apoderadora das persoas con diversidade funcional.
Se es unha persoa creativa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Obxectivos do posto
A persoa profesional levará a cabo os seguintes obxectivos:
- Xestionar as canles de comunicación externas da entidade en relación á filosofía de traballo e a visión da entidade.
- Creación de contidos e materiais off e online que reforcen a identidade corporativa de Ambar e se aliñen ca súa perspectiva da diversidade.
- Busca de tendencias e adaptación ós novos espazos dixitais.
- Coordinación co resto do equipo á hora de promocionar proxectos, servizos eventos e outras actividades.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Formación en deseño gráfico, comunicación audiovisual, publicidade, belas artes, xornalismo ou outra disciplina vinculada.
- Experiencia previa nun posto similar, valorarase positivamente.
- Portfolio actualizado, valorarase positivamente.
Habilidades e outros
- Deseño de materiais gráficos tales como carteis, etiquetas, dípticos, catálogos, memorias…
- Fotografía, vídeo e a súa edición
- Xestión de redes sociais: creación de contidos e creatividades, copywriting e análise dos resultados obtidos.
- Redacción de comunicados para prensa
- Coñecementos básicos de SEO e SEM
- Manexo básico de plataformas como WordPress
- Manexo profesional de Adobe Creative Cloud e MS Office.
- Excelente uso do galego, tanto no oral como na escrita.
- Persoa creativa que propoña solucións innovadoras.
- Capacidade de planificación e traballo en equipo
- Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
Como presentarse a esta oferta
Se estás interesado/a en postular á esta oferta, envíanos o teu CV e portfolio ou documento cos traballos na área de comunicación que desenvolviches ata o de agora cubre o seguinte formulario.
O prazo para enviar a túa candidatura é ata o 17 de maio de 2022. As entrevistas terán lugar do 18 ó 20 de maio.
Sobre Ambar
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto, traballamos:
- prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o empoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
- formamos e promovemos o emprego digno.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!