O alumnado da formación en comercio realizou as súas prácticas.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro estiveron de prácticas o alumnado da formación “Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén y Reparto a Domicilio”.

Juan Gabriel, Ismael, Jorge, Araceli, María Elena, Antonio e Rubén tiveron a oportunidade de poñer en práctica tódolos coñecementos adquiridos durante a fase teórica en diferentes empresas da comarca: A Poutada, Congalsa, Frinsa, Lolita Multimarca, Miss-Tic, Suministros Barbanza e en Triñanes e Hijos Suministros Industriales. As prácticas tiveron unha duración total de 120h.

Foi unha experiencia enriquecedora que mellorou moito as súas competencias laborais en sectores estratéxicos da nosa comarca.

Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – POISES – Año 2022 /23″ impulsada pola Fundación ONCE.

Esta actuación enmárcase dentro do Obxectivo Temático 9Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

O FSE inviste no teu futuro. 


Logo Fundación Once Uno a Uno