O alumnado da formación de comercio leva a cabo as primeiras actividades prácticas
O alumnado da formación en “Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio” rematou o módulo sobre “Operacións auxiliares de almacenaxe” no que puideron afondar e coñecer a estrutura e tipos de almacén, as operacións fundamentais de almacenaxe, a documentación asociada, os envases e embalaxes para o transporte e manipulación e a identificación de mercancías.
Tamén tiveron a oportunidade de poñer en práctica as súas habilidades nunhas sesións prácticas moi dinámicas e participativas. Agora darán comezo ó módulo de “Preparación de pedidos” no que poderán aprender como xestionar unha adecuada distribución dos artigos desde a súa recollida e entrada ó almacén.
Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade das Persoas con Discapacidade POISES “Uno a Uno” – Año 2022 – 2023 impulsada pola Fundación ONCE.
Esta formación enmárcase na actuación do Obxectivo Temático 9: Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
O FSE inviste no teu futuro.