O alumnado da formación de comercio asiste a unha charla de Gonzalo Triñanes, xerente en Triñanes e hijos S.L.
Gonzalo Triñanes é Xerente en Triñanes e Hijos, Suministros Industriales S.L. de Boiro, unha empresa adicada á distribución de Roupa de Traballo e Artigos de Seguridade Laboral que provee a múltiples sectores.
Gonzalo Triñanes e o alumnado da formación
Na súa charla achegounos ás singularidades da súa empresa e das bases necesarias para o traballo, facendo fincapé na importancia da seguridade na contorna laboral e nas bases que definen o seu traballo día a día: calidade de produtos, formación, modernización, seguimento, contacto e positividad.
Posteriormente tivemos a oportunidade de visitar o seu centro no Polígono de Espiñeira (Boiro) Triñanes Vestuario Laboral e coñecer de primeira man o funcionamento e a xestión do seu almacén, complementando todo o aprendido durante a formación teórica do curso.
Alumnado da formación acompañado por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Gonzalo Triñanes, xerente de Triñanes e hijos, e Irene Paz, docente da formación.
Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade das Persoas con Discapacidade POISES “Uno a Uno” – Año 2022 – 2023 impulsada pola Fundación ONCE.
Esta formación enmárcase na actuación do Obxectivo Temático 9: Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
O FSE inviste no teu futuro.