Nexo Infinity visita Ambar
Hoxe estiveron con nós Luisa Vidal, delegada da Comarca da Barbanza e do Salnés e Iván Ferrás, consultor de Nexo Infinity. Durante o encontro, compartiron a súa experiencia e consellos sobre a elaboración do currículo vitae, os procesos de selección e a entrevista laboral.
O Grupo Nexo Infinity, está formado por 3 empresas e ofrecen un servizo de recursos humanos e xestión de procesos e recursos. Sempre na busca de solucións innovadoras e a medida.
Á xornada asistiron os e as alumnas da formación sobre industria alimentaria e comercio. Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; Ángeles Sampedro, técnica de emprego; e Raquel Riveiro e Irene Paz, docentes das formacións.
Esto é posible grazas á financiación da Fundación Once, no programa “Uno a Uno” tanto do Programa de Emprego Xove POEJ e como do Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES cofinanciados polo Fondo Social Europeo