Centrados nas persoas

En Ambar promovemos a inclusión social das persoas con diversidade funcional. Traballamos para xerar unha sociedade máis xusta e equitativa que impulse os dereitos, e fomente a igualdade de oportunidades.

Para iso, poñemos en marcha iniciativas dentro da comunidade que van da man dos servizos que ofertamos no noso día a día.

A nosa misión, visión e valores

Levamos case 40 anos mellorando a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. Somos fieis ós nosos principios e temos sempre presentes os nosos obxectivos.

A nosa misión

Promover a independencia, a autonomía e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na nosa comunidade.

A nosa visión

Lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Os nosos valores

  • Dereitos humanos e civís.
  • Autodeterminación e independencia.
  • Empoderamento.
  • Axuda entre iguais.
  • Participación e inclusión efectiva.
  • Diversidade.
  • Cooperación e solidariedade.

Queres saber máis de nós?

Contacta connosco e porémonos en contacto contigo.