Micofer visita Ambar
Hoxe estiveron con nós María Boisa e Gracia Rubianes consultoras de selección de Micofer da oficina de Boiro. Ofrecéronnos a súa visión, consellos e pautas dos procesos de selección, dende a importancia do currículo vitae ata a entrevista laboral.
Micofer naceu no anos 80 a partires dunha empresa familiar que ofrecía servizos de limpeza industrial a empresas do ámbito xeográfico de Galicia. Na actualidade ofrece os servizos de: traballo temporal, selección de persoal, Outsorcing, Micofer Inhouse e formación.
Á xornada asistiu o alumnado da formación sobre comercio que estamos impartindo. Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Alicia Romero, responsables da área administrativa; Ángeles Sampedro, técnica de emprego; Daniel Tojo, orientador laboral; e Raquel Riveiro, docente da formación.
Esto é posible grazas á financiación da Fundación Once, no programa “Uno a Uno” do Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES cofinanciados polo Fondo Social Europeo