Medidas estatais para a contratación de persoas con diversidade funcional

Medidas estatais para a contratación de persoas con diversidade funcional

Ata cando teño de prazo para presentar a miña solicitude?

Medidas abertas durante todo o ano, non vinculadas a prazos de convocatoria.

Cal é a finalidade destas medidas estatais?

Favorecer a contratación de persoas con diversidade funcional bonificando diferentes tipos de contratos e reducindo as cotas na Seguridade Social.

Cales son estas medidas?

Subvención por adaptación de postos

A subvención por adaptación de postos de traballo, incluídas as medidas de accesibilidade universal física, sensorial, cognitiva e de comunicación e as medidas adecuadas en función das súas necesidades, así como a dotación de medios de protección persoal e eliminación de barreiras arquitectónicas terá unha contía máxima de 1.800 euros por persoa traballadora con diversidade funcional contratada.

Adxudicación en contratos públicos

A administración pública pode establecer como criterio de adxudicación preferente en contratos públicos a aquelas empresas que teñan incorporados no seu cadro de persoal persoas con diversidade funcional.

Bonificación nas cotas da seguridade social

Unha das principais medidas é a bonificación ou redución das cotas da empresa á seguridade social. En función da modalidade de contrato, do xénero, da idade (menor ou maior de 45 anos) e do grao de diversidade funcional (do 33% ou 65%) preséntanse máis ou menos incentivos.


Medida de apoio á prolongación do período de actividade das persoas traballadoras con contratos fixos – descontinuos nos sectores de turismo e comercio e hostalería vinculados á actividade turística.

*Excluídas as empresas pertencentes o sector público

*Contratación de persoas traballadoras en xeral

Redución do imposto de sociedades

No caso de que a empresa aumente a media de persoas traballadoras con diversidade funcional, ofrécese unha dedución da cota integra de 9.000 a 12.000 euros.

Ir o contido