Entrega de diplomas das formacións de Marketing e cociña
Esta mañá celebrouse no Centro de Recursos da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional a entrega de diplomas das formacións de Actividades de Xestión, Venda e Promoción no Comercio e Operacións básicas de Cociña e pastelería.

O acto acolleu ás persoas que puxeron o seu gran de area para apoiar e impulsar as formacións. Asistiron todas as persoas participantes nas formacións. Por un lado o alumnado da formación de Marketing e venda: Fernando Fernández, Ismael García, Diego Lijó, Jenny Vilar, Carlos Mosquera, Manuel Piñeiro e Adrián Vilar. Da formación de Cociña e pastelería estiveron: Eloy Barreiro, Olaia Pérez, Fernando Carvalho, Araceli Pouso, Joaquín Tobío, Martín Coiradas e Carmen González. O alumnado estivo acompañado polas dúas docentes das formacións: Marga Silva, de Marketing e venda, e Irene Fajardo, de Cociña e pastelería.

Estiveron presentes, Tania Redondo, Concelleira de Medio Rural e Servizos Municipais do Concello de Ribeira; Juan José Calo Miranda, Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Porto do Son; Eva Fontaíña, traballadora social da UCA ; Manuel Teira Rivas, director do CIFP Coroso e representantes de A Creba.
Tamén participaron na xornada Beatriz Gallego Nieto, directora territorial de Inserta Empleo en Galicia, en representación de Fundación ONCE e Isaura Bouzón Calvo, como Consultora de Emprego e Formación en Inserta Empleo, e coordinadora das accións formativas.

Da Asociación Ambar asistiron Helena Teira, coordinadora xeral; Milagros Rey, presidenta; Alicia Romero, secretaria; Jessica Estévez, Daniel Tojo e Lara García, profesionais da área de formación e emprego de Ambar e Sheila Santos, responsable do proxecto Ría de Arousa Accesible.
Tamén se sumaron ó acto as persoas representantes das empresas acolledoras, que puxeron en valor o esforzo do alumnado en prácticas e a satisfacción de acollelos. As empresas asistentes foron: Trastiños, Mimarte, Astilleros Catoira, Gastrolab Arousa, Échale Huevos e O Cuco.
Durante a xornada de hoxe o alumnado tivo a oportunidade de compartir as experiencias das empresas acolledoras e de celebrar todos os seus éxitos e logros durante as formacións, que só marca o inicio dun futuro prometedor na súas carreiras laborais.
Estas formacións foron posibles grazas ó apoio da Fundación Once e o Fondo Social Europeo, que fan que estes soños se fagan realidade.

















