Mar sen límites

‘Mar sen límites’ ten o obxectivo de incrementar a autonomía e participación das persoas con diversidade funcional na comunidade, así como reforzar entre as persoas participantes a valoración positiva sobre os oficios e patrimonio costeiros, a diversidade, e fomentar a practica feminina dos deportes náuticos.

Xornadas naúticas

O proxecto consta de distintas actividades:

  • O bautismo náutico sesións de formación sobre conceptos básicos de navegación.
  • Fondeando no mar, navegación a vela de persoas con experiencia noutras escolas de vela, para promover a conexión e o vínculo entre persoas mozas con e sen diversidade. Poderán optar a participar en regatas a nivel local e autonómico.
  • Enfoque náutico, obradoiro e charlas para dar a coñecer a comunidade costeira, os recursos e o patrimonio da Ría de Arousa, así como a sostibilidade dos mesmos e o impacto medioambiental dos usos incorrectos do mar.
  • Voluntariado náutico, formación con aspectos teórico-prácticos da navegación a vela así como outras normas organizativas, de funcionamento e seguridade para levar a cabo durante o programa. Unha vez completadas as xornadas de formación, aqueles voluntarios participarán nas diferentes actividades programadas.
Logotipo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa)
Logo Conselleria do Mar da Xunta de Galicia
Logo Unión Europea Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
Logo Xacobeo 21-22