Ourense (1993)
Artista plástica, enmarcada no ámbito da escultura cerámica, comeza a súa traxectoria mentres estudia o grao en Belas Artes continuándoa dende entón no taller en Niñodaguia que comparte coa súa nai.
Despois do grado realiza un master e un doutorado en creación e investigación. No mesmo tempo produce obra plástica que se expón de forma individual e colectiva en diversos espazos de Galicia como o Marco, o CGAC, o Auditorio de Galicia ou o MACUF.
O vínculo coa galería Nordés permítelle expor na edición de Arco de 2021. Grazas a diferentes residencias artísticas traballa en lugares como Arraiolos (Portugal), Altea ou Córdoba. No 2022 consegue o título de doutora grazas a unha investigación sobre o xénero como variable procesual nas obras de arte que teñen os obxectos coma protagonistas.