Juan Carlos Ramos de Congalsa visita Ambar

Hoxe Juan Carlos Rama director de Recursos Humanos de Congalsa, visitou as nosas instalacións. Durante a xornada, compartiu a súa visión e experiencia en Congalsa, multinacional presente en máis de 29 países, líder e produtos precociñados e que conta con dúas factorías na comarca, unha en Deán, Ribeira e outra no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal.

Juan Carlos Rama, Director de RRHH de Congalsa
Alumnado das formación de comercio e industria alimentaria, representantes de Ambar e Juan Carlos Rama de Congalsa

O eixe principal do encontro foi o compromiso de Congalsa por mellorar a calidade de vida das persoas que forman parte do seu equipo pero tamén da comunidade. Ética, actitude positiva, traballo en equipo, respecto o medio ambiente e alimentación saudable son algunhas das palabras que a definen. Ademais falouse de como son os seus procesos de selección e da importancia da empregabilidade das persoas con diversidade funcional.

Á xornada asistiron os e as alumnas da formación sobre industria alimentaria e comercio. Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar; Alicia Romero, coordinadora da área administrativa de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; Ángeles Sampedro, técnica de emprego; e Raquel Riveiro e Inés Abad, docentes das formacións.

Esto é posible grazas á financiación da Fundación Once, no programa “Uno a Uno” tanto do Programa de Emprego Xove POEJ e como do Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES cofinanciados polo Fondo Social Europeo

Logo Fundación Once Uno a Uno
Logo Unión Europea Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil El FSE inviste no teu futuro

 

Ir o contido