Comezamos a nosa formación sobre comercio para persoas con diversidade funcional
Hoxe deu comezo nas instalación de Ambar a formación ‘Actividades auxiliares de comercio e entrega e recollida a domicilio’. Destinada a persoas con diversidade funcional, e que busca mellorar a súa empregabilidade e contratación.
A presentación foi encabezada por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Ángeles Sampedro, técnica de emprego inclusivo de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar; e Raquel Riveiro, docente da formación.
A formación totalmente gratuíta busca crear un perfil polivalente na área de comercio e está destinada á ocupación de repoñedoras, repartidoras e auxiliares de comercio .
Contará cunha fase teoría e outra práctica nun posto de traballo en empresa. Ademais conta cunha beca de asistencia de 9 euros ó día e posibilidade de transporte adaptado.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas a proxecto de Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” do 2021 e enmárcase no Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES 2014-2020 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.